Rosalía Dans
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1955 A Coruña, España |
Morte | 18 de marzo de 2024 (68 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, pintura e poesía |
Ocupación | pintora, actriz, poetisa |
Familia | |
Pais | Celso Collazo Lema e María Antonia Dans |
Rosalía Collazo Dans, nada na Coruña o 1 de xullo de 1955 e finada en Madrid o 18 de marzo de 2024,[1] foi unha actriz, poeta e pintora galega, coñecida artisticamente como Rosalía Dans.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi filla da pintora María Antonia Dans[2] e do escritor Celso Collazo Lema. Iniciouse no audiovisual na serie de Televisión Española Los gozos y las sombras, onde interpretou a Rosario la Galana.[3] Posteriormente apareceu noutras series de televisión como Goya (1985), Las aventuras de Pepe Carvalho (1986) ou Lorca, muerte de un poeta (1987). Participou en varios filmes, como Amanece, que no es poco (José Luis Cuerda, 1989), La gran comedia (Juan Pinzás, 1986), Galego (Manuel Octavio Gómez, 1988) ou La seducción del caos (Basilio Martín Patino, 1990), que foi o seu último filme.
Foi portada das revistas Fotogramas en novembro de 1975 e Interviú en setembro de 1982, unha revista que adoitaba levar modelos espidas ás súas páxinas (o que tivo un importante eco no tempo)[4].
Como pintora fixo a súa primeira exposición en 1986, e a partir da década dos noventa dedicou a súa produción artística ás artes plásticas e á poesía.
Obra bibliográfica
[editar | editar a fonte]- La amatista (poesía; Ópera Prima, 2009)[5]
- El testamento (poesía; Ópera Prima, 2015)
- Zen (poesía; Ópera Prima, 2016)
- Trilogía: La amatista, El testamento, Zen (poesía; Ediciones Libertarias, 2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece aos 68 anos a actriz Rosalía Dans". Nós Diario. 18 de marzo de 2024. Consultado o 18 de marzo de 2024.
- ↑ "Fallece la pintora gallega María Antonia Dans". El País (en castelán). 17 de febreiro de 1988.
- ↑ "Rosario - Rosalía Dans" en RTVE, 19 de xuño de 2008 (en castelán).
- ↑ Porto, Héctor J. (2024-03-18). "Adiós a Rosalía Dans, Rosario la Galana, icono de la televisión de los años 80, espíritu libre que dejó el cine por la pintura y la poesía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-03-19.
- ↑ "Rosalía Dans: pintora, actriz y también poeta". El Correo Gallego (en castelán). 26 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Collazo Dans, Rosalía". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 261.
- "Collazo Dans, Rosalía". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Dans, Rosalía". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.