Sésamo
- Esta páxina trata dunha planta, para a parroquia de Galicia véxase Sésamo, Culleredo.
Sésamo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sésamo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sesamum indicum L. |
O sésamo[1] (Sesamum indicum) é unha planta cultivada polas súas sementes ricas en aceite, que se empregan en gastronomía, como por exemplo no pan para hamburguesas. Tamén é empregado para a elaboración de doces. É orixinario da India e de África, dende onde chegou a América transportada polos escravos, os cales utilizaban as súas sementes para espesar e dar sabor aos pratos. Nos estados sureños dos EUA e no Caribe, onde o sésamo foi introducido por escravos africanos, coñécese polo seu nome africano: benne.
Cerca dun terzo do sésamo importado por EUA de México é adquirido por McDonald's para usar en comidas (The Nut Factory 1999).[2]
As mulleres da antiga Babilonia comían halva, unha mestura de mel e sementes de sésamo, para prolongar a súa xuventude e beleza; e os soldados de Roma facían o mesmo para aumentar a súa fortaleza e enerxía.[3]
Composición nutricional
[editar | editar a fonte]Valor nutricional por 100 gramos | |
---|---|
Enerxía | 573 kcal (2 400 kJ) |
23.4 | |
Azucres | 0.3 |
Fibra alimentaria | 11.8 |
49.7 | |
Saturadas | 7.0 |
Monoinsaturadas | 18.8 |
Poliinsaturadas | 21.8 |
17.7 | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A | 9 IU |
Tiamina (B1) | 69% 0.79 mg |
Riboflavina (B2) | 21% 0.25 mg |
Niacina (B3) | 30% 4.52 mg |
Vitamina B6 | 61% 0.79 mg |
Ácido fólico (B9) | 24% 97 μg |
Vitamina C | 0% 0 mg |
Vitamina E | 2% 0.25 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 98% 975 mg |
Ferro | 112% 14.6 mg |
Magnesio | 99% 351 mg |
Fósforo | 90% 629 mg |
Potasio | 10% 468 mg |
Sodio | 1% 11 mg |
Cinc | 82% 7.8 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 4.7 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
As sementes de sésamo posúen unha elevada cantidade de proteínas, ademais de ser ricas en metionina, un aminoácido esencial. As graxas que contén son insaturadas, é dicir 'boas', o que xunto ao seu contido de lecitina e fitosterois convérteas nun alimento que contribúe a reducir o nivel de colesterol sanguíneo. Igualmente son destacables os seus altos niveis de calcio (que intervén na formación de ósos e dentes), de ferro (que desempeña numerosas e importantes funcións no organismo), así como de zinc (mineral que participa no metabolismo dos hidratos de carbono, as graxas e as proteínas, e incluso prevén a impotencia masculina).
Tamén contén lignanos, incluíndo a sesamina, un fitoestróxeno con propiedades antioxidantes e anticanceríxenas. Entre os aceites comestibles de seis especies, o de sésamo ten o maior contido antioxidante.[4]
As sementes de sésamo posúen tamén boas cantidades de fibra, polo que o seu consumo resulta beneficioso para a regulación da función intestinal.
Comercialización
[editar | editar a fonte]A forma máis común de adquirir e consumir o sésamo é en forma de quinua ou quinoa. As sementes poden estar xa incluídas en produtos como o pan torrado ou as galletas de sésamo, ou ben poden engadirse a gran variedade de pratos. Resultan exquisitas en ensalada e en pratos de pasta ou arroz, grazas ao peculiar sabor e textura que presentan, en España, Italia, Francia, Grecia e no Próximo Oriente é común o consumo do sésamo espolvoreado sobre tortas de aceite, ou rosquillas como as chamadas taralli, koulourakia, pasteli ou simit, así como na baclava. Por outra parte é con sésamo que se confecciona un dos aliños principais da comida do Mediterráneo Oriental, o tahina, no Medio Oriente o sésamo é compolente principal do prato coñecido como halva, no Xapón do goma-dofu, na China dos bolos chamados din deui ou matuan, en Vietnam do báh hrán.
Outro dos modos máis frecuente de encontralo é en aceite. Este obtense a partir do prensado en frío das sementes. Convén ter en conta que para poder aproveitar todas as propiedades que o aceite de sésamo posúe é importante compralo sen refinar.
Existen moi diversas formas de incluír o sésamo na dieta, como por exemplo en forma de tahini, unha pasta de sésamo de consistencia cremosa moi fácil de preparar, en forma de gomasio, nome que recibe o sal de sésamo, ou como salsa de sésamo, apta para acompañar case calquera tipo de alimento grazas ao seu suave e agradable sabor.
Usos
[editar | editar a fonte]Actualmente, as sementes de sésamo son unha das sementes oleaxinosas máis utilizadas na cociña e repostaría internacional, sobre todo na oriental. Úsase frecuentemente na cociña como unha especie de acompañamento de pratos e como produto elaborado hai o aceite de sésamo, moi frecuente na cociña asiática.
O sésamo emprégase como alimento das larvas dalgunhas especies de Lepidopteras como Agrotis segetum.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sésamo.
- ↑ Food, Industrial, Nutraceutical, and Pharmaceutical Uses of Sesame Genetic Resources<
- ↑ "Positive Health Magazine - Article Abstract". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 30 de novembro de 2013.
- ↑ Cheung SC, Szeto YT, Benzie IF. (2007). Antioxidant protection of edible oils. Plant Foods Hum Nutr. 2007 Mar;62(1):39-42. Abstract.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sésamo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sésamo |