Saúdo
O saúdo é unha forma cortés e amigábel mediante a cal un individuo fai notar a outro a súa presenza xeralmente con algún tipo de aceno ou mediante a fala.
Os xestos que simbolizan o saúdo varían dunha a outra cultura. No Occidente e na meirande parte do mundo, a aperta de mans é a forma máis común entre homes. Entre home e muller ou dúas mulleres sen lazos de intimidade adoita empregarse a mesma fórmula. Os bicos son tamén común entre coñecidos cun certo grao de amizade.
Nalgúns países da Asia, saúdase coa unión de ambas mans dun mesmo individuo. No Xapón é usual encurvar o espiñazo en sinal de respecto durante o saúdo. Entre árabes, o saúdo habitual entre dous homes amigos é o intercambio de bicos nas fazulas. De igual modo esta fórmula se repite nalgunhas partes de Italia e do sur de Francia.