Saltar ao contido

Sabú Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSabú Martínez
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1930 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza gastrointestinal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico de jazz, compositor, percusionista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoLatin jazz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoInstrumento de percusión Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBlue Note Editar o valor en Wikidata

Sitio webhipwax.com… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5238831 Musicbrainz: 773b83b8-86b6-4bb2-90cf-0d7bd828d0ea Discogs: 19590 Allmusic: mn0000277977 Editar o valor en Wikidata

Luis Martínez coñecido como Sabú Martínez polo parecido físico co actor hindú Sabu Dastagir, nado en Nova York o 14 de xullo de 1930, e finado en Estocolmo o 13 de xaneiro de 1979, foi un percusionista estadounidense que destacou especialmente nas congas. É considerado un músico central do primeiro jazz latino e o Cubop dos anos 50.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no 111 do Harlem hispano en Nova York nunha familia portorriqueña con ascensión española e india. Recoñece en entrevistas comezar na música nun trío aos once anos onde tocaban nun local da rúa 125, máis tarde é contratado como percusionista nas bandas latinas de Marcelino Guerra e Catalino Rolón. Aos 17 anos reclútanno no Exército dos Estados Unidos de América[1]. Tras o exercicio militar retoma a carreira musical na banda de Joe Loco e na banda de Josephine Mary Premice. No ano 1946 consegue entrar na banda oficial de Art Blakey.

En 1948 substituíu a Chano Pozo na orquestra de Dizzy Gillespie; ao ano seguinte apareceu en escena con Benny Goodman. Durante a seguinte década toca como congueiro xunto a Charlie Parker, Duke Ellington, Count Basie, J. J. Johnson, Horace Silver, Thelonious Monk, Charles Mingus, Mary Lou Williams, Lionel Hampton, Noro Morales, Marcelino Guerra, Esy Morales, os Lecuona Cuban Boys, Miguelito Valdés e Tito Rodríguez. Tamén acompañou aos cantantes Tony Bennett, Sammy Davis, Jr. e Harry Belafonte. Como congueiro destacan as súas achegas de música afrocubana, jazz e folclore afrocaribeño en estruturas complexas de percusión.

Durante unha estancia en Hollywood entre o 1955-1959 participou na interpretación musical para filmes galardoadas co premio Grammy, como o éxito "Stairway to the Stars", empregado en Con saias e a rachar.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Despois dos anos 50 trasladouse a Porto Rico, onde traballou, entre outros, coa orquestra de Johnny Conquet. Alí coñeceu a súa futura esposa, a sueca Agneta Brogestam, coa que se trasladou a Suecia en 1967. Casou varias veces en Europa e tivo varios fillos, dous deles, René e Johnny son hoxe baterías. (René toca na banda sueca Salsa Caliente).

Afectado pola adicción á heroína vende os seus instrumentos durante a súa estancia en California o que atrasou o seu ritmo de gravacións e lle ocasionou problemas de saúde. Faleceu o 13 de xaneiro de 1979, dunha úlcera gástrica.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Palo Congo, invitado Arsenio Rodríguez (1957)
  • Sorcery! (1958)
  • Sabu's Jazz Espagnole (1958)
  • Afro Temple (1973)
  1. "Entrevista con Sabu Martínez". Consultado o 14 de decembro de 2024. 
  2. "Buddy DeFranco With Herman McCoy's Swing Choir* – Takes You To The Stars". Consultado o 14 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]