Sam Smith
Samuel Frederick Smith[1], nado en Bishop’s Stortford o 19 de maio de 1992, é un cantante e compositor inglés. En 2014 acadou o Premio da Crítica dos Brit Awards[2][3] e o Sound of 2014 da BBC.[4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sam creceu en Primrose Hill, Londres, e traballou na tenda local de St. Johns Wood. Asistiu á escola de primaria St. Thomas e estudou na escola católica St. Mary de Bishops Stortford. Foi alumno do Youth Music Theatre do Reino Unido e protagonizou a súa obra "Oh! Carol" en 2007.[6] Durante varios anos estudou canto e composición coa cantante e pianista de jazz Joanna Eden.
Gañou popularidade mediante as súas colaboracións con Disclosure no sinxelo "Latch" lanzado en outubro de 2012, e con Naughty Boy en "La La La", que chegou ao número un no Reino Unido en maio de 2013.
Tamén en maio, lanzou un EP chamado Nirvana que consta de catro pistas, cuxa produción correspondeu a Two Inch Punch, Craze & Hoax e Jonathan Creek. Tamén inclúe unha versión acústica en solitario de "Latch" e unha versión en vivo de "He Told You Now".[7] En novembro de 2013 publicouse "Together", unha coprodución entre Disclosure, Nile Rodgers e Jimmy Napes onde Smith achegou a súa voz.
En maio de lanzouse o álbum de debut In the Lonely Hour a través de Capitol Records[8][9][10], no que participan como produtores Fraser T. Smith, Two Inch Punch, Simon Aldred e Eg White.[11] Un dos adiantos é o sinxelo "Money on My Mind", o seu primeiro número un no Reino Unido en solitario.[12]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- En estudio
- 2014: In the Lonely Hour [Capitol Records]
- EP
- 2013: Nirvana [PMR Records]
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Como artista principal
Ano | Título | Mellores posicións | Álbum | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
R.U. [13] |
ALE [14] |
AUT [15] |
BEL [16] |
DIN [17] |
IRL [18] |
HOL [19] |
SUI [20] | |||
2013 | «Lay Me Down» | 46 | — | — | — | — | — | — | — | In the Lonely Hour |
2014 | «Money on My Mind» | 1 | 13 | 53 | 20 | 20 | 4 | 93 | 63 |
- Colaboracións con outros artistas
Ano | Título | Mellores posicións | Certificacións | Álbum | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
R.U. [13] |
ALE [14] |
AUS [21] |
AUT [15] |
BEL [16] |
DIN [17] |
FRA [22] |
HOL [19] |
IRL [18] |
ITA [23] |
SUI [20] | ||||
2012 | «Latch» (Disclosure con Sam Smith) |
11 | — | 49 | — | 22 | 39 | 132 | 80 | — | — | — | Settle | |
2013 | «La La La» (Naughty Boy con Sam Smith) |
1 | 2 | 5 | 3 | 3 | 2 | 6 | 4 | 3 | 1 | 2 | Hotel Cabana | |
«Together» (Disclosure, Sam Smith, Nile Rodgers e Jimmy Napes) |
135 | — | — | — | 78 | — | — | — | — | — | — | Settle: The Remixes |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sam Smith - Repertoire". BMI (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ "Brits announce Critics' Choice 2014 shortlist". BBC (en inglés). 5 de diciembre de 2013.
- ↑ "Sound of 2014 Perfil: Sam Smith". BBC (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 2014-01-10.
- ↑ "Brits Critics' Choice Award 2014: Sam Smith announced as winner". The Telegraph (en inglés). 12 de diciembre de 2013.
- ↑ "BBC Sound of 2014: Sam Smith". BBC (en inglés). 10 de enero de 2014.
- ↑ "Alumni Youth Music Theatre UK" (en inglés). 2013-12-17. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ "Sam Smith (21) - Nirvana E.P.". Discogs (en inglés).
- ↑ iTunes - Music - In the Lonely Hour (Deluxe Edition) by Sam Smith
- ↑ iTunes - Music - In the Lonely Hour by Sam Smith
- ↑ https://www.discogs.com/Sam-Smith-In-The-Lonely-Hour/master/691657
- ↑ Sam Smith: All you need to know about the BBC's Sound of 2014 - Music News - Arquivado 12 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Digital Spy
- ↑ "Top 40 Official UK Singles Archive". UK Singles Chart. The Official Charts Company. 1 de marzo de 2014.
- ↑ 13,0 13,1 "Sam Smith > UK Charts". Official Charts Company.
- ↑ 14,0 14,1 Hung, Steffen. "Discographie Sam Smith". German Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ 15,0 15,1 Hung, Steffen. "Discographie Sam Smith". Austrian Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ 16,0 16,1 Hung, Steffen. "Discografie Sam Smith". Belgium Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ 17,0 17,1 Hung, Steffen. "Discography Sam Smith". Danish Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ 18,0 18,1 Hung, Steffen. "Discography Sam Smith". Irish Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ 19,0 19,1 Hung, Steffen. "Discografie Sam Smith". Dutch Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ 20,0 20,1 Hung, Steffen. "Discographie Sam Smith". Swiss Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ Hung, Steffen. "Discography Sam Smith". Australian Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ Hung, Steffen. "Discographie Sam Smith". French Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ Hung, Steffen. "italiancharts.com - Discography Sam Smith". Hung Medien (Steffen Hung).
- ↑ 24,0 24,1 "Certified Awards". British Phonographic Industry. Arquivado dende o orixinal (enter "Sam Smith" into the "Keywords" box, then select "Search") o 01 de agosto de 2017. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ "ARIA Charts – Accreditations – 2013 Singles". Australian Recording Industry Association.
- ↑ "Gold-/Platin-Datenbank: Sam Smith" (en alemán). Bundesverband Musikindustrie.
- ↑ "Naughty Boy Feat. Sam Smith "LA LA LA"" (en dinamarqués). IFPI Dinamarca.
- ↑ "Certificazioni" (en italiano). Federación da Industria Musical Italiana. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ "NZ Top 40 Singles Chart – 23 de setembro de 2013". Recorded Music NZ.