Santolina
Santolinas (xénero Santolina) | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Santolina rosmarinifolia | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
Ver texto |
Santolina, as santolinas[1], é un xénero de plantas pertencente á familia Asteraceae, nativa da rexión Mediterránea. Segundo autores, hai entre 15 e 18 especies.
Descrición
[editar | editar a fonte]As especies son gamallos perennes que acadan 10–60 cm de altura. As follas son simples nalgunhas especies, ou pinnadas, finamente divididas noutras, a miúdo densamente viludas. As flores son amarelas, producíndose en inflorescencias globosas con testas florais de 1–2 cm de diámetro que sobresaen 10–25 cm sobre a follaxe.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Varias especies de Santolina son alimento para as larvas dalgunhas especies de lepidópteros incluíndo Bucculatrix santolinella (come exclusivamente S. chamaecyparissus) e Coleophora sobre C. albicella.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753.[2] A especie tipo é: Santolina chamaecyparissus
Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.[3]
Especies seleccionadas
[editar | editar a fonte]- Santolina ascensionis Sennen endémica do Rif oriental.
- Santolina chamaecyparissus, abrótano femia, herba da loba ou santolina común.
- Santolina elegans
- Santolina oblongifolia, macela de Gredos, endemismo exclusivo da Serra de Gredos
- Santolina rosmarinifolia (syn. S. virens), macela do Casaio (Santolina rosmarinifolia subesp. semidentata)
- Santolina suaveolens Pursh
- Santolina viscosa
- Santolina melidensis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego xenérico recollido polo Dicionario da Real Academia Galega.
- ↑ "Santolina". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de novembro de 2013.
- ↑ En Nomes Botánicos