Segundo Grandío
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | baixista |
Instrumento | Baixo |
Segundo Grandío é un músico e produtor galego coñecido por ser o baixista da banda viguesa Siniestro Total entre os anos 1988 e 2001. En 1999 creou os estudios Casa de Tolos situados en Mañufe, Gondomar e no ano 2003 fundou o selo PAI Música. En 2018 Grandío lanzou unha plataforma de streaming de concertos en vivo e documentáis musicais chamada Tolemias TV.
Biografía
[editar | editar a fonte]Segundo ingresou en Siniestro Total en 1988 para ocupar o lugar deixado por Alberto Torrado e a súa primeira aparición nun traballo da banda foi no álbum En beneficio de todos, aparecido ese mesmo ano. Participou nos discos de estudio Made in Japan, Policlínico miserable e La historia del blues, así como nos directos Ante todo mucha calma e Cultura Popular. No 2001 deixou o grupo sendo substituído por Óscar Avendaño. Entre os temas compostos por Grandío durante eses anos destacan "Camino de la cama", "Y yo me callo" e "Respeten nuestro dolor", editados todos coma sinxelos.
No ano 1999 fundou os estudios de gravación Casa de Tolos en Mañufe, Gondomar, polos que pasaron artistas como Jabón Blue, A Roda, Fuxan os Ventos, Berrogüetto, María do Ceo, Milladoiro, Os Diplomáticos de Monte Alto, Malvela, Uxía ou Ruxe Ruxe entre outros. Na actualidade o estudio tamén se dedica a facer traballos de vídeo, de deseño gráfico e de webs.
No mes de febreiro do 2003 Grandío iniciou a produtora PAI ("Producciones Audiovisuales Ingleniosas"), tamén con sede en Mañufe, co obxectivo de dar cobertura músicos que non poden acceder ás canles convencionais da industria musical. O selo conta con cinco subdivisións dedicado cada un a xéneros distintos (tradicional, rock e pop, blues e jazz, solistas e varios).