Seguridade
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Os termos seguridade (do latín securĭtāte) ou seguranza[1] refírense a unha acción que non presenta risco ou a prevención del. Tamén pode representar confianza cara a alguén ou algo.[2]
Coma prevención de riscos
[editar | editar a fonte]Referíndose á seguridade como prevención de riscos podémonos referir a varios tipos, por exemplo:
Laboral
[editar | editar a fonte]A seguridade laboral ten como obxectivo evitar os riscos no traballo mediante medidas de protección como cascos, luvas, sinais de advertencia etc.[3]
Social
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Seguridade social.
A seguridade social consiste nun conxunto de políticas sociais cuxo fin é amparar e asistir o cidadán e a súa familia en situacións como a vellez, a doenza e o desemprego.[4]
En Internet
[editar | editar a fonte]A seguridade en Internet refírese á protección dos teus datos nun sitio web. Para que calquera persoa que entre nun sitio web saiba o uso dos seus datos os sitios web están obrigados a ter unha política de privacidade e a avisar aos que entren no sitio web deses termos mediante un banner.[5]
Coma probabilidade
[editar | editar a fonte]A seguridade coma probabilidade refírese a ter claro algo, por exemplo, a resposta a unha pregunta.
Coma confianza
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Confianza.
A seguridade coma confianza refírese á crenza en que unha persoa ou grupo será capaz e desexará actuar de xeito adecuado nunha determinada situación. Tamén se pode referir a crer que a calidade dun produto será satisfactoria.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para seguranza.
- ↑ "Definición de seguridade". Digalego. Consultado o 1 de xullo de 2020.
- ↑ "Seguridad laboral". Preventiam (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2020.
- ↑ "Seguridad Social - Qué es: definición y concepto". Economipedia (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2020.
- ↑ "¿Qué es la seguridad en internet?". GCF Global (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2020.
- ↑ "Definición de confianza". Digalego. Consultado o 1 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de Seguridade |