Saltar ao contido

Sergei Agababov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSergei Agababov
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Mahackala, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 1959 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Aeroporto de Moscova-Vnukovo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente de aviación Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo armenio Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatório de Moscovo (pt) Traducir (–1956)
Q4285684 Traducir (–1951) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata - 1959 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteArmenian Concise Encyclopedia (en) Traducir, (vol:1)
Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 1 (en) Traducir, (p.238-239) Editar o valor en Wikidata

Sergei Artemovich Agababov, nado en Makhachkala o 25 de outubro de 1926 e finado en Moscova o 23 de outubro de 1959, foi un compositor soviético daguestaní.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou teoría musical con Gotfrid Hasanov na escola de música do Daguestán, graduándose en 1951 e compoñendo as súas primeiras cancións. En 1952 entrou no Conservatorio de Moscova, estudando composición con Anatoli Alexandrov, durante eses anos compuxo inspirándose no folclore da súa terra natal o que deu como resultado a suite sinfónica e vocal "Canción do Daguestán" en seis partes así como outras obras orquestrais e para piano. Despois de se graduar compuxo cantatas e cancións baseadas en poemas, e algunhas tornáronse en populares e mais tamén cancións para nenos. En 1958 e 1959 publicou en periódicos da rexión un traballo sobre a música popular daguestaní, que se editou postumamente en libro en 1960 tras a súa morte nun accidente aéreo.