Saltar ao contido

Shadow of the Beast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shadow of the Beast
Desenvolvedor(es)Ubisoft Reflections
Distribuidora(s)SCE Studio Liverpool
Compositor(es)David Whittaker
Lanzamento1989
Xénerovideoxogo de plataformas
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Plataforma(s)ZX Spectrum, Amiga, Atari ST, Commodore 64, TurboGrafx-16, Super Nintendo Entertainment System, Amstrad CPC e Mega Drive
Na rede
IMDB: tt0492766 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Shadow of the Beast é un videoxogo producido por Reflections Interactive e publicado por Psygnosis en 1989 orixinalmente para o Commodore Amiga, despois saíron versións para Atari ST, Amstrad CPC, Commodore 64, ZX Spectrum, SNES, Mega Drive/Genesis, Sega Master System, Atari Lynx, Atari Lynx, PC Engine CD e TurboCD. Mestura de arcade e videoaventura. Unha besta converte ó protagonista nun ser horrible e desesperado, ademais de secuestrarlle ó irmán. A besta regresa ó seu fogar situado ó final do tempo e do espazo, o que non fai diminuír os desexos de vinganza do protagonista, que para chegar ata a besta posúe 12 vidas.

O éxito do xogo fixo que saísen dúas secuelas : Shadow of the Beast II en 1990 e Shadow of the Beast III en 1992.