Saltar ao contido

Shame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shame
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período2014 - presente
Xénero(s)rock alternativo, post-punk
Selo(s) discográfico(s)Dead Oceans
MembrosEddie Green
Charlie Forbes
Josh Finerty
Sean Coyle-Smith
Charlie Steen
Na rede
http://shame.world
Facebook: shamebanduk Twitter: shamebanduk Instagram: shamebanduk Youtube: UCCi1cidngm8CBBHCNALP29A Bandcamp: shamebandukSouncloud: shamebanduk Spotify: 4IeWU3NYBI9mISFVhzXG8f Last fm: Shame Musicbrainz: 3294b9ce-0bef-4080-8ae8-95bad1abd71c Discogs: 5427462 Editar o valor en Wikidata

Shame é unha banda británica de rock alternativo procedente do sur de Londres. O seu álbum de estrea, Songs of Praise, foi editado o 12 de xaneiro de 2018. O grupo foi aclamado pola crítica de publicacións como NME,[1] Paste,[2] e Clash.[3]

O 7 de decembro de 2016 Shame publicou o sinxelo de dous temas "The Lick / Gold Hole AA" a través do selo Fnord Comms.[4] O 14 de abril de 2017 a banda editou "Tasteless", tamén a través de Fnord Comms, un sinxelo de 7" co tema "Visa Vulture" como cara b.[5] O 20 de setembro o grupo lanzou a canción "Concrete".[6]

Shame publicou o seu álbum de estrea, Songs of Praise, o día 12 de xaneiro de 2018 a través do selo Dead Oceans, recibindo boas críticas. No presente o álbum conta cunha puntuación agregada de 83 baseada en 20 recensións.[7] O disco chegou ao número 32 da lista británica de álbums e estivo na lista durante dúas semanas.

A finais de xaneiro de 2020 NME informou que Shame estaba traballando no seu segundo álbum de estudio e que a súa gravación xa estaba completada.[8] No mes de setembro a banda publicou a súa primeira canción dende o seu anterior traballo, "Alphabet",[9] e en decembro apareceu ""Snow Day".[10] O álbum, titulado Drunk Tank Pink, foi editado en xaneiro de 2021.[11]

En novembro de 2022 anunciouse o seu terceiro álbum, titulado Food for Worms, coincidindo coa saída do sinxelo "Fingers of Steel". Antes do lanzamento do disco en febreiro de 2023, a banda editou os seunxelos "Six-Pack" e "Adderall".[12]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Songs of Praise 2018 Dead Oceans
Drunk Tank Pink 2021 Dead Oceans
Food for Worms 2023 Dead Oceans
  1. Bassett, Jordan. "Shame - 'Songs Of Praise' Album Review". NME (en inglés). Consultado o 2019-04-02. 
  2. "Shame: Songs of Praise". pastemagazine.com (en inglés). Consultado o 2019-04-02. 
  3. "Shame - Songs Of Praise". Clash Magazine (en inglés). Consultado o 2019-04-02. 
  4. "The Lick / Gold Hole AA, by shame". shame. Consultado o 2019-11-11. 
  5. "Tasteless, by shame". shame. Consultado o 2019-11-11. 
  6. "Concrete, by shame". shame. Consultado o 2019-11-11. 
  7. "Songs of Praise by Shame" (en inglés). Consultado o 2019-11-11. 
  8. "Shame confirm they have finished work on their second album". NME (en inglés). 2020-01-27. Consultado o 2020-10-11. 
  9. "Shame return with first song in two years, 'Alphabet'". NME (en inglés). 2020-09-10. Consultado o 2020-10-11. 
  10. "Shame - "Snow Day"". Stereogum (en inglés). 2020-12-03. Consultado o 2023-12-17. 
  11. "Drunk Tank Pink, by shame". shame (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  12. "Shame launch new album with latest single ‘Fingers of Steel’". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2022-11-15. Consultado o 2023-12-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]