Siarhiej Hajek
Nome orixinal | (pl) Jan Sergiusz Gajek |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de febreiro de 1949 (75 anos) Łyszkowice, Polonia |
Administrador apostólico | |
30 de marzo de 2023 – | |
Visitador apostólico | |
1994 – 30 de marzo de 2023 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina belarusa |
Educación | Universidade Católica de Lublin Pontificio Instituto Oriental |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1974–), presbítero greco-católico, escritor, teólogo |
Empregador | Universidade Católica de Lublin |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Siarhiej Hajek[nota 1] (en belaruso Сяргей Гаек), nado como Jan Gajek o 8 de febreiro de 1949 en Łyszkowice, no condado de Łowicz[1] (dende 1999 parte do voivodato da Pequena Polonia, Polonia) é un sacerdote católico polaco, visitador apostólico para os grecocatólicos no territorio de Belarús.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia católica latina de Łyszkowice, na Polonia central, e fixo os estudos básicos no mesmo lugar.
En agosto de 1967 Hajek uniuse á Congregación dos Padres Marianos. Entre 1967 e 1974 estudou na Universidade Católica de Lublin. A finais da década dos sesenta, comezou a participar en actividades do clero belaruso no exilio. Tivo contacto co centro cultural e relixioso belaruso en Londres, incluíndo co bispo Časlaŭ Sipovič e co sacerdote Robert Tamushanski. En 1973 foi ordenado sacerdote e exerceu durante varios anos na parroquia de Głuchołazy.
Durante os dous anos seguintes estudou na Facultade de Teoloxía da Universidade Católica de Lublin, e posteriormente foi enviado a Roma, onde estudou no Pontificio Instituto Oriental entre 1978 e 1983. En novembro de 1983 Hajek doutorouse e volveu a Polonia, traballando até 1999 na Universidade Católica de Lublin.
Visitador apostólico en Belarús
[editar | editar a fonte]En 1994 o papa Xoán Paulo II nomeouno visitador apostólico para os grecocatólicos en Belarús. En 1996 Hajek foi nomeado arquimandrita e membro correspondente da Pontificia Academia de María. En 1997 converteuse en asesor da Congregación para as Igrexas Orientais, e en 2014 foi confirmado en dito cargo por Francisco.[2]
Obra escrita
[editar | editar a fonte]- Il mistero della chiesa nel pensiero di Pavel N. Evdokimov (en italiano). Ponficium Institute Orientale. 1983. OCLC 493921469.
- Chrześcijańska wiara w Jedynego Boga w postawie ludzkiej (en polaco). TN KUL. 1991. OCLC 749541345.
- Unia Brzeska z perspektywy czterech stuleci. Teologia w dialogu (en polaco) 8. Xunto con Stanisław Nabywaniec. Red. Wydawnictw KUL. 1998. ISBN 9788322806005. OCLC 40674808.
Fotografías
[editar | editar a fonte]-
Siarhiej Hajek, 29 de xaneiro de 2008
-
Siarhiej Hajek, 18 de marzo de 2012
Notas
[editar | editar a fonte]- Notas
- ↑ Tamén como (Jan) Sergiusz Gajek.
- Referencias
- ↑ Г. П. Пашкоў (editor xefe); et al. (2001). Белорусская Энциклопедия имени Петруся Бровки, ed. Энцыклапедыя гісторыі Беларусі: Пузыны — Усая (Tomo 6, parte 1). pp. 585–586. ISBN 9785857000731. (en belaruso).
- ↑ Radio Vaticano (20-02-2014-02). "Pope Francis reconfirms leadership of Congregation for Oriental Churches, Council for Christian Unity". Arquivado dende o orixinal o 14-07-2014. Consultado o 04-07-2014. (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados no voivodato de Łódź
- Nados en 1949
- Sacerdotes católicos de Polonia
- Sacerdotes católicos de Belarús
- Sacerdotes da Igrexa católica bizantina belarusa
- Sacerdotes católicos do século XX
- Sacerdotes católicos do século XXI
- Marianos da Inmaculada Concepción
- Relixiosos católicos de Polonia
- Escritores en lingua polaca
- Escritores de Polonia
- Alumnos do Pontificio Instituto Oriental
- Alumnos da Universidade Católica de Lublin
- Membros da Congregación para as Igrexas Orientais