Sic
Sic é unha palabra latina que se coloca ao lado dunha palabra ou frase incorrecta ou incomprensible para indicar que non se trata dun erro de transcrición, senón que é así como figura no texto orixinal.
Provén da frase en latín sic erat scriptum, "así fora escrito", onde sic é un adverbio que significa "así, deste xeito".
Uso
[editar | editar a fonte]Por regra xeral prefírese o uso deste adverbio entre corchetes [sic], aínda que é frecuente atopalo tamén entre parénteses (sic).
- «Agora [engade] van a saver [sic] o tolo que eu estou[1]
- No ano 1764, o visitador da diocese «halló la hermita (sic) de san Antonio (...)"[2]
Emprégase cando se reproducen erros, tipográficos ou doutra clase, ou inconveniencias ao citar textos, para informar ao lector que o uso indebido atópase na fonte orixinal e non é obra do que cita. Exemplos:
- Lembro que che ollou fixamente [sic]
- O sol púñase no hourizonte [sic]
- Regresamos o domingo de Balencia [sic]
Tamén pode usarse cando aparecen palabras pouco comúns cuxa grafía é similar á doutras moi coñecidas, e quérese evitar que o lector as interprete como erros. Por exemplo:
- A venencia [sic] non é Venecia.
Pode levar unha aclaración extra ou unha corrección explicativa:
- "O Congreso rexeitou os presupostos xerais do estado [sic, con inicial minúscula]"[3]
Ten un uso común en entrevistas de carácter médico ou legal, para citar ao entrevistado:
- E termina dándolle os seus datos: "Creo que xa é todo, espero que che sirva. O outro cando chegue a casa direicho, aínda estou por Corea e chego o día 6 de setembro. De hematocrito xa che comentei que non baixo de 45..46-47, de hemoglobina 15,5-16...o outro xa mirarei en casa"(sic).[4]
Locucións latinas
[editar | editar a fonte]Podemos atopar tamén este adverbio en varias locucións latinas. Exemplos:
- Sic itur ad astra: "Así vaise ata as estrelas"
- Sic luceat lux: "Así luzca a luz"
- Sic semper tyrannis: "Así sempre aos tiranos"
- Sic transit gloria mundi: "Así pasa a gloria do mundo".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Noticias de La Voz de Galicia" (en castelán).
- ↑ La Voz de Galicia (ed.). "As ermitas de Leiloio".
- ↑ "GaliciaConfidencial.com".
- ↑ "El País - Deportes" (en castelán).