Saltar ao contido

Sinecismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo sinecismo (grego antigo: συνοικισμóς, synoikismós) refírese, no caso grego, ao proceso histórico de unión de dúas ou máis cidades, tanto desde o punto de vista físico como xurídico.[1] O sinecismo podería contribuír ao fortalecemento dunha polis existente ou crear unha nova.[1] As razóns que deron orixe ao sinecismo podería ser: o dominio dunha terra por parte dunha cidade máis poderosa (caso da Ática por parte de Atenas), o fortalecemento da situación económica e financeira dunha cidade, as necesidades urbanísticas ou as necesidades militares (caso de Beocia por parte de Tebas).[1]

O diocismo (διοικισμóς, dioikismos) é o contrario de sinecismo: a creación de comunidades independentes dentro do territorio dunha polis. Este proceso podía manifestarse de distintos xeitos, como o asentamento de comunidades novas pero independentes dentro do territorio de Constantinopla en terreos abandonados debido á contracción da poboación, ou a contracción de Tesalónica desde o territorio que ocupaba fora dos muros debido á ocupación dos campos polos turcos.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gómez Cardó, Pilar; Miralles Solà, Carles. "Temes universitaris bàsics. Humanitats". En Edicions de la Universitat Oberta de Catalunya. La polis (en catalán). Edicions de la Universitat Oberta de Catalunya. Consultado o 8 de maio de 2017. 
  • Abbott, Frank Frost; Johnson, Allan Chester (1926). Municipal Administration in the Roman Empire. Princeton: Princeton University Press.