Sistema de unidades
Aparencia
Un Sistema de Unidades é un conxunto consistente de unidades de medida. Definen un conxunto básico de unidades de medida a partir do cal derívanse o resto. Existen varios sistemas de unidades usados, se ben pode definirse unha infinitude deles:
- Sistema Internacional de Unidades ou SI: é o sistema máis usado, no que se tende a unificar as unidades usadas. As súas unidades básicas son: o metro, o quilogramo, o segundo, o amperio, o kelvin, a candela e o mol.
- Sistema Métrico Decimal: primeiro sistema unificado de medidas.
- Sistema Ceguesimal ou CGS: denominado así porque as súas unidades básicas son o centímetro, o gramo e o segundo.
- Sistema Natural: no cal as unidades escóllense de forma que certas constantes físicas vallan exactamente 1.
- Sistema Técnico de Unidades: derivado do sistema métrico con unidades do anterior, aínda utilizado na técnica por ser unidades moi intuitivas.
- Sistema Inglés: aínda utilizado nos países anglosaxóns. En xeral estano substituíndo pouco a pouco polo Sistema Internacional de Unidades.
Ademais destes, existen unidades prácticas usadas en diferentes campos e ciencias, como as unidades usadas na astronomía.