Sliver: The Best of the Box
Aparencia
Sliver: The Best of the Box | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de Nirvana | ||||
Edición | 1 de novembro do 2005 | |||
Gravación | 1985 - 1994 | |||
Duración | 74:34 | |||
Xénero(s) | grunge, rock alternativo | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Sliver: The Best of the Box é un álbum recompilatorio da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 1 de novembro do 2005 a través do selo DGC Records. Trátase do quinto álbum da banda editado tras a morte de Kurt Cobain en 1994. Estreouse no número 21 da lista Billboard 200 e no ano 2007 o álbum levaba vendidas ao redor das 300.000 copias só nos Estados Unidos.
O disco contén 19 temas collidos do seu box set do 2004 With the Lights Out, ademais de tres gravacións non editadas anteriormente: "Spank Thru" da demo de 1985 "Fecal Matter"; unha gravación de estudio de 1990 de "Sappy", e unha gravación demo de 1991 de "Come as You Are".
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Spank Thru" (decembro de 1985, demo de Fecal Matter) – 3:45
- "Heartbreaker" (marzo de 1987, concerto en Raymond, WA) – 2:59
- "Mrs. Butterworth" (verán de 1987, demo) – 4:05
- "Floyd the Barber" (23 de xaneiro de 1988, concerto en Tacoma, WA) – 2:33
- "Clean Up Before She Comes" (1988, demo caseira) – 3:12
- "About a Girl" (1988, demo caseira) – 2:44
- "Blandest" (6 de xuño de 1988, sesión de estudio en Seattle, WA. Producida por Jack Endino) – 3:56
- "Ain't It a Shame" (agosto de 1989, sesión de estudio en Seattle, WA) – 2:02
- "Sappy" (xaneiro de 1990, sesión de estudio en Seattle, WA. Producida por Jack Endino) – 3:33
- "Opinion" (25 de setembro de 1990, concerto na radio KAOS) – 1:35
- "Lithium" (25 de setembro de 1990, concerto na radio KAOS) – 1:49
- "Sliver" (1990, demo caseira) – 2:10
- "Smells Like Teen Spirit" (marzo de 1991, demo) – 5:40
- "Come as You Are" (marzo de 1991, demo) – 4:10
- "Old Age" (maio de 1991, das sesións do Nevermind) – 4:21
- "Oh, the Guilt" (abril de 1992, sesión de estudio en Seattle, WA) – 3:25
- "Rape Me" (maio de 1991, demo caseira acústica) – 3:23
- "Rape Me" (outubro de 1992, sesión de estudio en Seattle, WA) – 3:03
- "Heart-Shaped Box" (xaneiro de 1993 sesión de estudio en Rio de Janeiro) – 5:32
- "Do Re Mi" (1994, demo caseira acústica) – 4:24
- "You Know You're Right" (1994, demo caseira acústica) – 2:30
- "All Apologies" (demo caseira acústica, ao redor de 1992) – 3:33