Saltar ao contido

Herba moura (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Solanum nigrum»)
Herba moura (planta)
Clasificación científica
Reino: Plantae

Clado: Traqueófitas
Clado: Anxiospermas
Clado: Eudicots
Clado: Astéridas

Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Xénero: Solanum
Especie: Solanum nigrum
L.
Subspecies

S. nigrum subsp. nigrum
S. nigrum subsp. schultesii

Bagas maduras de S. nigrum

A herba moura[1] (Solanum nigrum) é unha especie de planta anxiosperma do xénero Solanum, nativa de Eurasia e introducida en América, Australasia e África do Sur. As bagas maduras e follas cocidas das variedades comestibleds utilízanse como alimento nalgúns lugares, e certas partes da planta utilízanse na medicina tradicional. A taxonomía da especie é complicada e ás veces úsase o seu nome para outras especies relacionadas.[2]

A especie foi mencionada por Plinio o Vello no século I d.C. e por Dioscórides e outros herboristas.[3] En 1753, Carl Linnaeus describiu seis variedades de Solanum nigrum na súa obra Species Plantarum.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Flores de herba moura

A herba moura é unha planta herbácea común ou arbustiva de folla perenne e curta vida que se atopa en moitas zonas boscosas, así como en hábitats alterados. Chega a ter unha altura de 30 a 120 cm, follas de 4,0 a 7,5 cm de longo e 2 a 5 cm de ancho; ovadas ou acorazonadas, con beiras onduladas ou dentadas ; ambas as superficies poden ser peludas ou non peludas; o pecíolo é de 1 a 3 cm de longo cunha porción superior alada. As flores teñen pétalos de verdosos a branquechos, recurvados cando son vellos e rodeados de prominentes anteras amarelas. O froito é unha baga de 6 a 8 mm de diámetro, negra ou negro-purpúrea.[5] Na India vive unha variedade ou cepa con bagas vermellas cando están maduras.[6]

Ás veces confúndese S. nigrum coa planta máis tóxica Atropa belladonna (beladona), que é dun xénero diferente, aínda que tamén unha solanácea. Unha comparación dos froitos mostra que as bagas de beladona crecen en grupos, mentres que as de herba moura crecen individualmente. Ademais a beladona ten flores de pétalos púrpuras e a herba moura brancos.

Hábito de crecemento

[editar | editar a fonte]

O pH do solo máis axeitdo para esta planta é entre 5,5 e 6,5. En solos ricos en materia orgánica, auga e fertilidade o crecemento da planta é vigoroso; cando falta materia orgánica e é arxiloso con pobre ventilación, as raíces da planta quedan atrofiadas e o seu crecemento é feble. O crecemento é difícil en condicións de altas temperaturas e alta humidade, nas que a planta crece lentamente, os talos tenros fanse fibrosos e o produto obtido malo.[7]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Solanum nigrum é unha especie moi variable con moitas variedades e formas descritas.[8] As subespecies recoñecidas son:[3]

1. S. nigrum L. subsp. nigrum — de glabra a lixeiramente peluda con pelos non glandulares.
2. S. nigrum L. subsp. schultesii (Opiz) Wessley — densamente peluda con pelos glandulares ben patentes.

O complexo Solanum nigrum   é un complexo de especies, tamén chamado Solanum L. sección Solanum , que comprende varias especies de herba moura caracterizadas pola súa falta de espiñas e pelos estrelados, as súas flores brancas e os seus froitos verdes e negros con disposición umbeliforme.[8] As especies de Solanum deste grupo poden confundirse taxonomicamente, e aínda máis ao formarse formas intermedias e hibridacións entre especies.[3] Algunhas das principais especies dentro do complexo S. nigrum son: S. nigrum, S. americanum, S. douglasii, S. opacum, S. ptychanthum, S. retroflexum, S. sarrachoides, S. scabrum e S. villosum.

Toxicidade

[editar | editar a fonte]
Follas, flores e froitos de S. nigrum

Comprobáronse os niveis de solanina en S. nigrum e a planta raramente é mortal.[9]

Os síntomas de envelenamento por solanina poden aparecer cando se inxiren crus os froitos verdes inmaturos (parecidos a chícharos verdes) ou as follas maduras. Tardan en aparecer unhas 6 a 12 horas despois do seu consumo.[10] Os síntomas iniciais de toxicidade inclúen a febre, suoración, vómitos, dor abdominal, diarrea, confusión e somnolencia.[11] A morte por comer grandes cantidades desta planta orixínase por arritmia cardíaca e insuficiencia respiratoria.[11] O gando tamén se pode intoxicar por toxicidade por nitratos por pastar as follas maduras e bagas verdes desta planta.[3] Porén, no centro de España, a avetarda (Otis tarda) pode actuar como dispersora de sementes da herba moura.[12] É unha planta moi variable e advírtese que se evite comer as bagas a non ser que se saiba que é unha cepa comestible.[13] Os niveis de toxina poden tamén ser afectados polas condicións de crecemento da planta.[3] As toxinas de S. nigrum están máis concentradas nas bagas inmaturas, polo que estes froitos deberían tratarse como tóxicos.[10][11][14] Na maior partre dos casos en que se sospeite envelenamento débense ao consumo de follas ou froitos inmaturos. Hai informes etnobotánicos nos que as follas novas e talos de S. nigrum son cocidos en auga e a auga de cocción tírase e cámbiase varias veces para eliminar as toxinas.[3] A solanina non é hidrosoluble e destrúese coa cocción.[11] As follas de S. nigrum poden ser diferentes desde esta perspectiva. As follas novas cocidas do complexo Solanum sp. son unha fonte de moitos nutrientes útiles a niveis similares aos da espinaca.[15] As bagas do complexo Solanum foron comidas nos cinco continentes desde tempos antigos. [1]

Bagas maduras da vriedade "Red Makoi" de S. nigrum, que son comestibles.

Algúns usos adscritos a S. nigrum na literatura poden en realidade aplicarse a outras especies do seu complexo de especies e é esencial unha axeitada identificación da especie para usos culinarios ou medicinais (Ver sección Taxonomía).[2][8]

Uso culinario

[editar | editar a fonte]
Bagas madura e inmaturas de S nigrum no mesmo talo.

O consumo culinario de S. nigrum rexístrase na China,[16][17] Kenya, Tanzania,[18] India,[19] Etiopía,[20][21] Ghana,[22]Suráfrica,[23][24] Grecia (incluída a illa de Creta) e Turquía,[25] Indonesia,[26] e antes era comida en Hawai. Foi importada a Australia desde a illa de Mauricio na década de 1850 durante a febre do ouro australiana,[17] mais agora o seu comercio está prohibido.[27] [28][29].

Uso medicinal

[editar | editar a fonte]

Esta planta ten unha longa historia de uso medicinal desde a antiga Grecia.[30][30][31] O seu uso interno perdeu o favor da herboristería occidental debido á variable química e toxicidade da planta, pero úsase topicamente para o tratamento do herpes zóster.[32][33][34][35][36] Tamén o usan os nativos hawaianos,[37] na India[38][38][38][39] e na medicina tradicional oriental[40][41]

Algúns experimentos indican que a solanina da planta inhibe o crecemento do carcinoma cervical en ratos.[42] O seu mecanismo antitumoral débese principalmente á indución de diferentes células e vías moleculares que conducen á apoptose e autofaxia e inhiben a metástase.[43][44] Reduce a xerción de especies reactivas do oxíxeno nunha liña celular humana.[45]

Solanum nigrum contén solasodina (un glicoalcaloide esteroide que se pode usar para obter 16-DPA), que se pode obter cultivando pelos da raíz da planta.[46][47]

Tamén pode ser un tratamento para a úlcera gástrica en ratos.[48][45]

A saponina Uttroside B identificouse como axente quimoterapéutico bioactivo conta o carcinoma hepatocelular, obtida do extracto metanólico de S. nigrum.[49][50][51]

A herba moura cultívase como alimento en varios continentes, como África e Norteamérica. As follas das cepas cultivadas cómense despois de cocidas.[17] Unha forma de xardín con froitos duns 1,27 cm de diámetro cultívase ocasionalmente.[52]

Mala herba

[editar | editar a fonte]

A herba moura pode chegar a ser unha grave mala herba para a agricultura cando compite coas colleitas.[53][54] Hai informes dela como mala herba en 61 países e con 37 tipos de colleitas. Utilízanse estensamente herbicidas para controlala en colleitas como o algodón.

  1. Definición de Herba no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia. - Ver herba moura (Solanum nigrum)
  2. 2,0 2,1 Mohy-ud-dint, A; Khan, Z; Ahmad, M; Kashmiri, MA (2010). "Chemotaxonomic value of alkaloids in Solanum nigrum complex" (PDF). Pakistan Journal of Botany 42 (1): 653–660. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Edmonds, JM; Chewya, JA (1997). Black Nightshades, Solanum nigrum L. and related species. International Plant Genetic Resources Institute. ISBN 9789290433217. 
  4. Linnaeus, C (1753). Species Plantarum IV-V. 
  5. "Solanum nigrum plant profile". New South Wales Flora Online. 
  6. Venkateswarlu, J; Krishna Rao, M (1971). "Inheritance of fruit colour in the Solanum nigrum complex". Proceedings of the Indian Academy of Sciences, Section B 74 (3): 137–141. doi:10.1007/BF03050624. 
  7. Ogg, AG; Rouger, BS; Schiling, EE (1981). "Characterization of Black Nightshade (Solanum nigrum) and Related Species in the United States". Weed Science 29 (1): 27–31. doi:10.1017/S0043174500025789. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Solanum nigrum Factsheet, South Australian Government
  9. North, P (1977). Poisonous Plants and Fungi in Colour. Blandford Press. pp. 140–141. 
  10. 10,0 10,1 Schep, LJ; Slaughter, RJ; Temple, WA (3 de abril de 2009). "Contaminant berries in frozen vegetables". The New Zealand Medical Journal 122 (1292): 95–6. PMID 19448780. Consultado o 2 de maio de 2017. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "Solanum nigrum profile". IPCS. INCHEM. 
  12. Bravo, C.; Velilla, S.; Peco, B. (2014). "Effects of Great Bustard (Otis tarda) gut passage on Black Nightshade (Solanum nigrum) seed germination". Seed Science Research 24 (3): 265–271. doi:10.1017/S0960258514000178. hdl:10261/97149. 
  13. Turner, NJ; von Aderka, P (2009). The North American guide to common poisonous plants and mushrooms. Timber Press. pp. 181–182. ISBN 9780881929294. 
  14. Tull, D (1999). Edible and Useful Plants of Texas and the Southwest— A Practical Guide. University of Texas Press. ISBN 978-0-292-78164-1. 
  15. "Solanum nigrum Black Nightshade, Common Nightshade, Poisonberry, Black Nightshade PFAF Plant Database". 
  16. Read, BE (1977). Famine Foods of the Chiu-Huang Pen-ts'ao. Taipei: Southern Materials Centre. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Irving, M (2009). The Forager Handbook — A Guide to the Edible plants of Britain. Ebury Press. ISBN 978-0-09191-363-2. 
  18. Heine, Bernd; Legère, Karsten (1995). Swahili Plants: An Ethnobotanical Survey. Cologne: Rüdiger Köppe Verlag and Köln. p. 305. ISBN 3-927620-89-0. 
  19. Ignacimuthu, S (2006-05-11). M Ayyanar, Sankara Sivaraman K. "Ethnobotanical investigations among tribes in Madurai District of Tamil Nadu (India)". Journal of Ethnobiology and Ethnomedicine 2: 25. PMC 1475842. PMID 16689985. doi:10.1186/1746-4269-2-25. 
  20. ""Wild Food" Plans with "Famine Foods" Components: Solanum nigrum". Famine Food Guide. 
  21. Zemede, Asfaw (29–31 de agosto de 1995). Conservation and use of traditional vegetables in Ethiopia. Proceedings of the IPGRI International Workshop on Genetic Resources of Traditional Vegetables in Africa. Nairobi. Arquivado dende o orixinal o 2012-07-07. 
  22. Asibey-Berko, E; Tayie, FAK. "Proximate analysis of some under-utilized Ghanaian vegetables". Ghana Journal of Science 39: 91–96. 
  23. Jansen van Rensburg, WS; et al. (2007). "African leafy vegetables in South Africa". Water SA 33 (3): 317–326. doi:10.4314/wsa.v33i3.180589. 
  24. "umsobosobo, noun". Dictionary of South African English. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  25. "Amaranth — vlita — and black nightshade — stifno (Βλήτα και στίφνος)". Organically Cooked. 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2023. Consultado o 06 de maio de 2023. 
  26. "Leunca/ranti". Sehat itu anugerah. 2010. 
  27. "Standard 1.4.4 — Prohibited and Restricted Plants and Fungi". Australia New Zealand Food Standards Code. Australian Government. 
  28. "Nā Puke Wehewehe ʻŌlelo Hawaiʻi". 
  29. Thrum, Manoa Valley, Hawaiian Annual 1892
  30. 30,0 30,1 Grieve, M (1984). A Modern Herbal. Penguin. pp. 582–583. 
  31. Schauenberg, P; Paris, F (1977). Guide to Medicinal Plants. Keats Publishing Inc. p. 53. 
  32. Nohara, T; Ikeda, T; Fujiwara, Y; Matsushita, S; et al. (2006). "Physiological functions of solanaceous and tomato steroidal glycosides". Journal of Natural Medicines 61 (1): 1–13. doi:10.1007/s11418-006-0021-y. 
  33. Ikeda, T; Ando, J; Miyazono, A; Zhu, XH; et al. (marzo de 2000). "Anti-herpes virus activity of Solanum steroidal glycosides". Biological & Pharmaceutical Bulletin 23 (3): 363–4. PMID 10726897. doi:10.1248/bpb.23.363. 
  34. Nohara, T; Yahara, S.; Kinjo, J (1998). "Bioactive Glycosides from Solanaceous and Leguminous Plants". Natural Product Sciences 4 (4): 203–214. 
  35. Schmelzer, GH, ed. (2008). PROTA: Medicinal Plants 1. 
  36. Jimoh, F.O.; Adedapo, A.A; Afolayan, A.J. (2010). "Comparison of the Nutritional Value and Biological Activities of the Acetone, Methanol and Water Extracts of the Leaves of Solanum nigrum and Leonotis leonorus". Food and Chemical Toxicology 48 (3): 964–71. PMID 20079394. doi:10.1016/j.fct.2010.01.007. 
  37. Fahs, Barbara. "Healing Plants: Pōpolo - Foundation of the Hawaiian Pharmacy". Ke Ola (maio-xuño 2014). Consultado o 28 de outubro 2022. 
  38. 38,0 38,1 38,2 Jain, SK (1968). Medicinal Plants. Thomson Press (India) Ltd. pp. 133–134. 
  39. Sikdar, M; Dutta, U (2008). "Traditional Phytotherapy among the Nath People of Assam" (PDF). Studies on Ethno-Medicine 2 (1): 39–45. doi:10.1080/09735070.2008.11886313. 
  40. Jain, R; Sharma, A; Gupta, S; Sarethy, IP; Gabrani, R (Mar 2011). "Solanum nigrum: current perspectives on therapeutic properties" (PDF). Altern Med Rev 16 (1): 78–85. PMID 21438649. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2016. Consultado o 06 de maio de 2023. 
  41. Gubarev, M. I.; Enioutina, E. Y; Taylor, J. L.; Visic, D. M; Daynes, R. A (1998). "Plant‐derived glycoalkaloids protect mice against lethal infection with Salmonella typhimurium". Phytotherapy Research 12 (2): 79–88. doi:10.1002/(SICI)1099-1573(199803)12:2<79::AID-PTR192>3.0.CO;2-N. 
  42. Jian, L; Qingwang, L; Tao, F; Kun, L (2008). "Aqueous extract of Solanum nigrum inhibit growth of cervical carcinoma (U14) via modulating immune response of tumor bearing mice and inducing apoptosis of tumor cells". Fitoterapia 79 (7–8): 548–556. PMID 18687388. doi:10.1016/j.fitote.2008.06.010. 
  43. Mohsenikia, M.; Alizadeh, A. M.; Khodayari, S.; Khodayari, H.; Karimi, A. (2013). "The protective and therapeutic effects of alpha-solanine on mice breast cancer.". European Journal of Pharmacology 718 (1–3): 1–9. PMID 24051269. doi:10.1016/j.ejphar.2013.09.015. 
  44. Lv, C.; Kong, H.; Dong, G.; Liu, L.; Tong, K.; Sun, H.; Zhou, M. (2014). "Antitumor efficacy of α-solanine against pancreatic cancer in vitro and in vivo". PLOS ONE 9 (2): e87868. Bibcode:2014PLoSO...987868L. PMC 3914882. PMID 24505326. doi:10.1371/journal.pone.0087868. 
  45. 45,0 45,1 Binbing Ling; Deborah Michel; Meena Kishore Sakharkar; Jian Yang (2016). "Evaluating the cytotoxic effects of the water extracts of four anticancer herbs against human malignant melanoma cells". Drug Design, Development and Therapy 10: 3563–3572. PMC 5098531. PMID 27843296. doi:10.2147/DDDT.S119214. 
  46. Wu, X. F.; Shi, H. P.; Tsang, P.; Keung, E. (2008). "Induction and in vitro culture of hairy roots of Solanum nigrum L. Var. Pauciflorum Liou and its solasodine production". Journal of Molecular Cell Biology 41 (3): 183–91. PMID 18630597. 
  47. Yogananth, N; Bhakyaraj, R; Chanthuru, A; Parvathi, S; Palanivel, S (Jan 2009). "Comparative Analysis of Solasodine from in vitro and in vivo cultures of Solanum nigrum Linn.". Kathmandu University Journal of Science, Engineering and Technology 5 (I): 99–103. doi:10.3126/kuset.v5i1.2850. 
  48. Akhtar, M. S.; Munir, M. (1989). "Evaluation op the gastric antiulcerogenic effects of Solanum nigrum, Brassica oleracea and Ocimum basilicum in rats". Journal of Ethnopharmacology 27 ((1-2)): 163–76. PMID 2515396. doi:10.1016/0378-8741(89)90088-3. 
  49. Nath, Lekshmi R.; Gorantla, Jaggaiah N.; Thulasidasan, Arun Kumar T.; Vijayakurup, Vinod; Shah, Shabna; Anwer, Shabna; Joseph, Sophia M.; Antony, Jayesh; Veena, Kollery Suresh; Sundaram, Sankar; Marelli, Udaya K.; Lankalapalli, Ravi S.; Anto, Ruby John (2016). "Evaluation of uttroside B, a saponin from Solanum nigrum Linn, as a promising chemotherapeutic agent against hepatocellular carcinoma". Scientific Reports 6: 36318. Bibcode:2016NatSR...636318N. PMID 27808117. doi:10.1038/srep36318. 
  50. Nath, Lekshmi R.; Gorantla, Jaggaiah N.; Thulasidasan, Arun Kumar T.; Vijayakurup, Vinod; Shah, Shabna; Anwer, Shabna; Joseph, Sophia M.; Antony, Jayesh; Veena, Kollery Suresh; Sundaram, Sankar; Marelli, Udaya K.; Lankalapalli, Ravi S.; Anto, Ruby John (2016). "Evaluation of uttroside B, a saponin from Solanum nigrum Linn, as a promising chemotherapeutic agent against hepatocellular carcinoma". Scientific Reports 6: 36318. Bibcode:2016NatSR...636318N. PMID 27808117. doi:10.1038/srep36318. 
  51. Nath, Lekshmi R.; Gorantla, Jaggaiah N.; Thulasidasan, Arun Kumar T.; Vijayakurup, Vinod; Shah, Shabna; Anwer, Shabna; Joseph, Sophia M.; Antony, Jayesh; Veena, Kollery Suresh; Sundaram, Sankar; Marelli, Udaya K.; Lankalapalli, Ravi S.; Anto, Ruby John (2020). "Author Correction: Evaluation of uttroside B, a saponin from Solanum nigrum Linn, as a promising chemotherapeutic agent against hepatocellular carcinoma". Scientific Reports 10. PMID 33208836. doi:10.1038/s41598-020-77440-0. 
  52. "Wonderberry". Center for New Crops & Plant Products, Purdue University. 
  53. Taab, A (2009). Seed dormancy and germination in Solanum nigrum and S. physalifolium as influenced by temperature conditions (Tese). Swedish University of Agricultural Sciences. 
  54. Keeley, PE; Thullen, RJ (1991). "Biology and Control of Black Nightshade (Solanum nigrum) in Cotton (Gossypium hirsutum)". Weed Technology 5 (4): 713–722. JSTOR 3986881. doi:10.1017/S0890037X00033741. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]