Stonewall Inn
Stonewall Inn foi un bar gai, recordado por ser alí onde se iniciaron os famosos disturbios de 1969, que significaron un grande empurrón ao movemento de liberación gai nos Estados Unidos.[1] Está situado no 53 de Christopher Street, Greenwich Village, Nova York. A rebelión de Stonewall está considerada como un feito histórico do movemento a prol dos dereitos civís para os gais e lesbianas.
O Inn orixinal pechou en 1969, que ocupaba os números 51 e 53 da Christopher Street, reabríndose en 1990 un bar chamado "Stonewall" na metade oeste (53 Christopher Street). Logo sería renovado tomando o nome orixinal de "The Stonewall Inn" no 2007.
Cada ano, durante a marcha do orgullo a multitude acode ao Stonewall para rememorar a historia. Recentemente, Dominick DeSimone, o actual propietario, ampliou o local e construíu o Stonewall Bistro. En xuño de 1999, o bar Stonewall Inn foi incluído no Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos pola súa significación histórica á historia gai e lésbica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ National Park Service. US Department of Interior, ed. "Workforce Diversity: The Stonewall Inn, National Historic Landmark National Register Number: 99000562". Consultado o 28 de xuño de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Stonewall Inn |
- Páxina oficial
- The Stonewall Riots – About.com
- Original Stonewall Inn to close Arquivado 21 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. – Pinknews.co.uk
- Map and driving directions for Stonewall Inn
- Stonewall Bar recollections Arquivado 28 de maio de 2012 en Wayback Machine. section of gay memoir of NYC