Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally
Tipo | Campionato de Galicia de Rally |
---|---|
Organizador | Federación Galega de Automobilismo |
Localización e Datas | |
País | España |
Intervalo de tempo | 28 de marzo de 1992 – 14 de novembro de 1992 |
Número de edición | 14 (1992) |
Competición | |
Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy |
A tempada 1992 foi a 14ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o cabanés Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra Cosworth.[1] Foi o segundo dos seis títulos que gañou, todos con Estrella Castrillón como copiloto.
Calendario
[editar | editar a fonte]Nº | Data | Rally | Notas |
---|---|---|---|
1 | 28 de marzo | 1º Rally do Albariño | Resultados |
2 | 26 de abril | 9º Rally de Noia | Resultados |
3 | 13-14 de maio | 26º Rally do Lacón | Resultados |
- | 23-24 de maio | 7º Rally Botafumeiro | Suspendido |
4 | 5 de xuño | 23º Rally de Ferrol | Resultados |
5 | 9 de agosto | 28º Rally Rías Baixas | Resultados |
6 | 5 de setembro | 10º Rally da Coruña | Resultados |
- | 26-27 de setembro | 5º Rally de Vigo | Suspendido |
7 | 16-18 de outubro | 25º Rally de Ourense | Resultados |
8 | 14 de novembro | 3º Rally Mil Vistas | Resultados |
A Escudería Compostela viuse obrigada a cancelar o Rally Botafumeiro, previsto para maio, por falta de financiamento.[2] Tamén se suspendeu o Rally de Vigo, previsto para setembro.
Resumo
[editar | editar a fonte]O campionato foi un man a man entre o Ford Sierra Cosworth de Germán Castrillón e o Peugeot 309 GTI 16v de Manuel Senra, pero un par de abandonos de Senra en Noia e na Coruña e a súa ausencia na penúltima proba, Ourense, déronlle o campionato a Castrillón na proba ourensá, a pesar de que non conseguiu rematar a carreira. Con todo, á última proba do ano, o Rally Mil Vistas de Muros, chegaron con opcións de arrebatarlle o subcampionato a Senra outros catro pilotos: Sergio Vallejo, Javier Piñeiro, Javier Paz e José María Banga.[1] Pero ningún deles puido con Senra, que logrou comodamente a súa terceira vitoria da tempada e o segundo posto final na xeral.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | 1 ALB |
2 NOI |
3 LAC |
4 FER |
5 RBX |
6 COR |
7 OUR |
8 RMV |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Germán Castrillón | Estrella Castrillón | Ford Sierra Cosworth | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | Ret | |
2 | Manuel Senra | José Maceiras | Peugeot 309 GTI 16v | 1 | Ret | 1 | 2 | Ret | 1 | ||
Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Peugeot 205 GTI | 2 | 4 | |||||||
Javier Piñeiro | Carlos Cascallar | Lancia Delta Integrale | 4 | 4 | 2 | 4 | Ret | ||||
Javier Paz | Manuel García | Citroën AX Sport | Ret | 3 | 3 | 10 | 2 | ||||
José María Banga | Modesto González | Citroën AX Sport | 3 | 5 | 5 | ||||||
José María Magdaleno | Mario Labraña | Lancia Delta Intégrale | 3 | 5 | Ret | ||||||
Arturo Rial | Juan Carlos Arias | Citroën AX Sport | 3 | Ret | |||||||
Juan Carlos Táboas | Manuel Gilsanz | Citroën AX Sport | Ret | 5 | 5 | 3 | |||||
Javier Azcona | Gonzalo Chaure | Renault Clio 16v | 6 | 8 | |||||||
Jesús Campos | Faustino Suárez | Renault Clio 16v | 6 | 6 | Ret | ||||||
Roberto Blach | Juan Gómez | Peugeot 309 GTI 8v | 3 | ||||||||
Ricardo Vidal | Peugeot 309 GTI | Ret | Ret | ||||||||
Miguel Dopico | Peugeot 309 GTI | Ret |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (14 de novembro de 1992). "Con el Rally Mil Vistas concluye el campeonato gallego de asfalto". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49.
- ↑ "La Escudería Compostela suspende cuatro pruebas previstas para este año". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 1992. p. 54.
- ↑ Arévalo, Fernando (15 de novembro de 1992). "Senra puso fin a su mala racha". La Voz de Galicia (en castelán). p. 60.