Teodomiro (bispo)
Biografía | |
---|---|
Morte | 847 (Gregoriano) |
Lugar de sepultura | catedral de Santiago de Compostela |
Bispo de Iria Flavia | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | presbítero |
Teodomiro foi bispo da diocese de Iria Flavia a comezos do século IX, no ano 818[1] até a súa morte no ano 847.
Foi quen puxo en coñecemento da corte de Afonso II de Oviedo.[2] o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, nalgún momento entre o ano 818, cando aínda vivía o seu predecesor, o bispo Quendulfo, e mais o ano 842.
A data do achado non se pode precisar con exactitude[3] sendo unha cuestión controvertida para a Doutrina, a Historiografía tradicional inclínase polo ano 813[4][5][6][7][8][9][10]. Outra polo 814[11], 820-830[12][13] 829[14][15][16], 830[17][18] e 835[19].
O bispo Teodomiro foi informado do achado a través do eremita ou ermitán Pelagius ou Paio, habitante da actual Solovio. Despois de varios días de oracións e de xaxún, o bispo Teodomiro adentrouse na fraga e atopou o sepulcro de pedra que gardaba tres corpos, identificados como os restos mortais do apóstolo Santiago o Maior e dous dos seus discípulos Teodoro e Atanasio[20][21].
Comunicoullo ao rei, e este acudiu rapidamente desde Oviedo a visita-lo lugar[17], converténdose así no primeiro peregrino documentado[22].
O 4 de setembro do ano 834, o rei Afonso II ofreceu a doazón ó bispo Teodomiro do contorno de tres millas do sepulcro[23][20], duplicado despois ata seis polo rei Ordoño I de Oviedo[24]. Debido á importancia do achado, o bispo Teodomiro mudou a sé episcopal de Iria Flavia a Compostela[25]
O "Libro dos Milagres do Apóstolo", o II Códice Calixtino, conta que sendo bispo Teodomiro veu un peregrino italiano penitente autor dun crime e de grandes pecados.[26]
A lauda sepulcral atopouse nas escavacións realizadas por Chamoso Lamas no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela, próximo ó suposto sepulcro do Apóstolo. Na lauda sepulcral de Teodomiro descuberta o 17 de setembro de 1955[20] dáse constancia da data da súa morte, o 20 de outubro de 847[27][28], coa seguinte descrición[29]:
En este túmulo descansa el siervo de Dios Teodomiro, obispo de Iria que falleció el décimo tercer día de las kalendas de noviembre. Era de 885.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teodomiro |
- ↑ Monsalvo Antón, José María (2018). Historia de la España medieval. Universidad de Salamanca. p. 124. ISBN 978-84-1311-016-5.
- ↑ Fletcher, R.A. (1984) Saint James's catapult : the life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela. Clarendon Press: Oxford. isbn=978-0198225812
- ↑ Fletcher, R.A (1993). A vida e o tempo de Diego Xelmírez. Ed. Galaxia. p. 78. ISBN 84-7154-862-3.
- ↑ Pena López, Carmen (1992). A Arte. Biblioteca Básica da Cultura Galega. Ed. Galaxia. p. 77. ISBN 84-7154-761-9.
- ↑ Sánchez y Casado, Félix (1896). Prontuario de Historia de España. p. 90.
- ↑ González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do Reino de Galicia. Ed. Galaxia. p. 118. ISBN 84-7154-303-6.
- ↑ Elías de Tejada, Francisco; Pércopo, Gabriela (1966). El Reino de Galicia hasta 1700. Ed. Galaxia. p. 56.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1899). Historia de la Santa A.M. Iglesia de Santiago de Compostela 2. p. 19.
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2009). Relaciones ultrapirenaicas de la Provincia «Gallaeciae» (714-1074): Roma y el «Locus Apostollicus»», Rudesindus. Miscelanea de arte e cultura. p. 55.
- ↑ Armesto, Victoria (1969). Galicia Feudal. Ed. Galaxia. p. 40. ISBN 9788471541871.
- ↑ Flórez, Henrique (1765). España Sagrada 19. p. 67.
- ↑ López Alsina, Fernando (1988). La ciudad de Santiago en la alta edad media, Santiago de Compostela 28. Centro de Estudios Jacobeos. Museo Nacional de las Peregrinaciones. p. 110.
- ↑ Sánchez Sánchez, Xosé M. (2012). "Informaciones históricas de la Inventio: Un status quaestionis". Annuarium Sancti Iacobi (1): 361–370. ISSN 2255-5161.
- ↑ Vidal, César (2014). La historia secreta de la iglesia. ESB. ISBN 978-84-9019-772-1.
- ↑ Barreiro Rivas, Xosé Luís (Xaneiro- Febreiro-Marzo 2004). "A invención de Santiago". Grial Revista Galega de Cultura XLII (161): 36.
- ↑ Mauro, Castellá Ferrer (1610). Historia del Apóstol de Iesvs Christo Sanctiago Zebedeo patron y capitán general de las Españas.
- ↑ 17,0 17,1 Portela Silva, Ermelindo (2003). Historia da Cidade de Santiago de Compostela. Concello de Santiago. p. 124. ISBN 84-9750-140-3.
- ↑ Díaz y Díaz, Manuel Cecilio (2010). Escritos Jacobeos. Universidad de Santiago de Compostela. p. 152. ISBN 978-84-9887-459-4.
- ↑ Ojea, Hernando. Historia del Glorioso Ápostol Santiago, patrón de España.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 Singul, Francisco (1999). Historia cultural do Camiño de Santiago. Ed. Galaxia. p. 33. ISBN 84-8288-274-0.
- ↑ De la Iglesia González, Antonio (2008). Estudios Arqueológicos. CSIC. p. 238. ISBN 978-84-00-08621-3.
- ↑ Casas, Narciso (2013). Historia y Arte en las catedrales de España. ISBN 9788468632018.
- ↑ Álvarez Palenzuela, Vicente Ángel (2002). Historia de España de la Edad Media. Ariel. ISBN 978-84-344-6668-5.
- ↑ Rey Olleros, Manuel (2010). Reminiscencias del culto al Apóstol Santiago. Universidade de Santiago de Compostela. p. 14. ISBN 9788498873078.
- ↑ Almazán, Vicente (1992). Seis ensaios sobre o Camiño de Santiago. Ed. Galaxia. p. 69. ISBN 84-7154-825-9.
- ↑ Carro García, Xesús (1965). A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia. Ed. Galaxia. p. 46.
- ↑ Fraguas, Antón (1989). Romaría e Santuarios. Ed. Galaxia. ISBN 84-7154-602-7.
- ↑ Bernárdez, Carlos L. (2023). Unha historia de arte galega. Ed. Laiovento. ISBN 978-84-8487-618-2.
- ↑ Romero, Uxío. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada 41. El Progreso. p. 254. ISBN 84-87804-43-8.