Teoloxía feminista
A teoloxía feminista é un movemento que se atopa dentro dalgunhas relixións incluíndo o budismo, o cristianismo, o xudaísmo ou o islam, que reconsidera as tradicións, prácticas, escritos e teoloxías desas relixións dentro dunha perspectiva do feminismo.
Algún dos obxectivos da teoloxía feminista inclúen salientar o papel da muller no contexto relixioso, reintepretar a proposta relixiosa dominante patriarcal, avogar por unha interpretación teolóxica que faga fincapé no papel da muller na relixión na perspectiva feminista de examinar a imaxe da muller en textos sacros. Algunhas das metas de sectores menos ortodoxos dalgunhas relixións desexan aumentar o papel das mulleres entre os clérigos e autoridades relixiosas (ordenación de mulleres).
Eido de estudo
[editar | editar a fonte]A teoloxía feminista abrague unha gran variedade de movementos e correntes de pensamento diferentes nas distintas tradicións relixiosas e culturas do mundo, xurdindo sempre como unha reflexión que reconsidere as tradicións, prácticas, escrituras, e as teoloxías das relixións dende unha perspectiva feminista.
Hai que diferenciar a teoloxía feminina da teoloxía feminista. A perspectiva feminina, a diferenza da feminista, non debe situarse de forma crítica ante ninguén. A perspectiva feminista presupón un posicionamento crítico para que parte dunha experiencia de contradición entre a propia vivencia e a fe ou tradición recibida.[1] A perspectiva feminista presupón que mulleres e homes foron creados para estabelecer entre eles relacións libres e recíprocas, sen submisión nin dominio por parte de ninguén e por tanto sitúase de maneira crítica fronte ás estruturas de opresión patriarcais.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Forcades i Vila, Teresa (maio de 2007). La teologia feminista a la historia (en catalán). Barcelona: Fragmenta. ISBN 978-84-92416-07-3.