O tesouro do Oxus é unha colección de cento setenta obxectos de metalurxia en prata e ouro da época aqueménida, datados entre o -550 e o -330. Atópase case na súa totalidade no Museo Británico de Londres, agás algunhas pezas que se atopan no Victoria and Albert Museum desa cidade. Seguramente descubriuse entre 1876 e 1880 na beira norte do río Amu Daria (outrora coñecido como Oxus ou Oxo),[1] no actual Taxiquistán (antiga rexión histórica de Bactriana),[2] e constitúe o tesouro mellor coñecido de obxectos de ouro e prata da época aqueménida.[3] É de extraordinaria importancia non só pola calidade das súas pezas, senón porque constituíu a base do estudo da ourivaría aqueménida.[4] O tesouro, composto por miniaturas de carros con cabalos, selos, figuras, brazaletes, aneis, moedas, xerras, placas votivas e obxectos persoais, vendeuse en bazares da India británica (no actual Paquistán) e reuniuno de novo o anticuario Augustus Wollaston Franks, quen o levou ó Museo Británico en 1897.[5]
↑"Oxus" é a transliteración do topónimo grego antigo".
↑Aínda que o Amu Daria considérase convencionalmente o límite norte de Bactriana, situándose Sogdiana ó norte do río, tanto a satrapía helenística coma o reino grecohelenístico de Bactriana incluían tamén Sogdiana.Ramsey, 2003: pp. 4-5
↑Achaemedid RuleArquivado 29 de maio de 2015 en Wayback Machine., dentro da serie dedicada a Afganistán no Undersecretary of Defense Legacy Resource Management Program do US Central Command (en inglés)