The Game (filme de 1997)
Aparencia
The Game | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Game |
Director | David Fincher |
Produtor | |
Guión | John Brancato Michael Ferris |
Intérpretes | |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Harris Savides |
Montaxe | James Haygood |
Estudio | Propaganda Films[1] |
Distribuidora | PolyGram Filmed Entertainment[1] |
Estrea | 12 de setembro de 1997 |
Duración | 128 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos[1] |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 70 millóns de dólares[3] |
Recadación | 109,4 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
The Game é un filme estadounidense de 1997 dirixido por David Fincher, protagonizado por Michael Douglas e Sean Penn, e producido por Propaganda Films e PolyGram Filmed Entertainment. Conta a historia dun rico banqueiro que recibe un agasallo misterioso do seu irmán, a participación nun xogo que se integra de maneiras estrañas na súa vida diaria. Segundo as liñas entre a vida real do banqueiro e o xogo se volven máis incertas, faise evidente unha gran conspiración.
The Game recibiu boas críticas por parte de Roger Ebert e grandes xornais como The New York Times, mais tivo unha acollida morna nos cinemas en comparanza co orzamento de 70 millóns de dólares e o éxito do filme anterior de Fincher, Seven (1995).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Michael Douglas como Nicholas van Orton
- Sean Penn como Conrad van Orton
- James Rebhorn como Jim Feingold
- Deborah Kara Unger como Christine/Claire
- Peter Donat como Samuel Sutherland
- Carroll Baker como Ilsa
- Armin Mueller-Stahl como Anson Baer
- Anna Katarina como Elizabeth
- Charles Martinet como pai de Nicholas
- Mark Boone Junior como investigador privado
- Tommy Flanagan como condutor de taxi
- Spike Jonze como Airbag EMT Beltran
- Linda Manz como Amy
- Daniel Schorr como el mesmo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The Game (1997)". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 7 de decembro de 2019.
- ↑ "THE GAME (15)". British Board of Film Classification. 10 de setembro de 1997. Consultado o 16 de novembro de 2014.
- ↑ Patrick Goldstein (17 de setembro de 1997). "The Game' Spins Into David Fincher's Control". Los Angeles Times. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ "The Game (1997)". Box Office Mojo. Consultado o 15 de xullo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Swallow, James (2003). Dark Eye: The Films of David Fincher. Londres: Reynolds and Hearn Ltd. ISBN 1-90311-152-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Game na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)