The Kinks
The Kinks | |
---|---|
The kinks en 1965 | |
Orixe | Londres, Reino Unido |
Período | 1963 - 1996 |
Xénero(s) | Garage Rock, Rock, Pop |
Selo(s) discográfico(s) | Pye, RCA, Arista, London, Columbia, Konk, Guardian |
Membros | Ray Davies Dave Davies Pete Quaife Mick Avory John Dalton John Gosling Andy Pyle Jim Rodford Ian Gibbons Bob Henrit |
Na rede | |
http://thekinks.info | |
The Kinks foi un grupo musical británico formado en Londres nos anos 60 polos irmáns Ray e Dave Davies.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeira etapa
[editar | editar a fonte]Desde os seus primeiros tempos estaban moi influídos polo Rock and roll e o Rhythm & blues americanos. En 1964 conseguiron o seu primeiro nº 1 nas listas británicas con "You Really Got Me ",a súa canción máis emblemática, dándose a coñecer como parte da Invasión Británica nos Estados Unidos (nº 7 en Billboard ) Esta canción permaneceu como unha das máis significativas da década dos 60 e o seu son é considerado precursor do Hard rock.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]A evolución como compositor de Ray Davies, levou ao grupo a unha segunda época cun son moito máis "británico" e Pop, que lles proporcionou éxitos como "Sunny Afternoon" ou "Waterloo Sunset". Os seus traballos nestes anos exerceron grande influencia en movementos tan distintos como o Glam Rock, o Punk, ou a New Wave , malia que, en termos de popularidade e apoio do seu discográfica, sempre estiveron á sombra de The Beatles, The Rolling Stones ou The Who.
En 1970 e tras un período de menor presenza nas listas, alcanzaron o seu último nº 1 no Reino Unido co single "Lola". Os seus problemas coa discográfica Pye levoulles a asinar por RCA , iniciando unha fase caracterizada polo rock con tinturas teatrais. Debido á falta de apoio promocional, o grupo pasou a un segundo plano, sobre todo no seu país, o que fai que se trasladen aos Estados Unidos. Alí asinaron con Arista, discográfica coa que gozaron dun novo período de éxito no cambio de década e os primeiros anos 80, éxito que non se volveu a repetir ata a súa separación en 1997.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- The Kinks (Pye, 1964)
- Kinda Kinks (Pye, 1965)
- The Kink Kontroversy (Pye, 1965)
- Face to Face (Pye, 1966)
- Something Else by The Kinks (Pye, 1967)
- The Kinks Are the Village Green Preservation Society (Pye, 1968)
- Arthur (Or the Decline and Fall of the British Empire) (Pye, 1969)
- Lola versus Powerman and the Moneygoround, Part One (Pye, 1970)
- Percy (Banda sonora) (Pye, 1970)
- Muswell Hillbillies (RCA, 1971)
- Everybody's in Show-Biz (RCA, 1972)
- Preservation Act 1 (RCA, 1973)
- Preservation Act 2 (RCA, 1974)
- Soap Opera (RCA, 1975)
- Schoolboys in Disgrace (RCA, 1976)
- Sleepwalker (Arista, 1977)
- Misfits (Arista, 1978)
- Low Budget (Arista, 1979)
- Give the People What They Want (Arista, 1981)
- State of Confusion (Arista, 1983)
- Word of Mouth (Arista, 1984)
- Think Visual (London, 1986)
- UK Jive (London, 1989)
- Phobia (London, 1993)
Vivos
[editar | editar a fonte]- Live at Kelvin Hall (Pye, 1968)
- One for the Road (Arista, 1980)
- The Road (London, 1988)
- To the Bone (Konk, 1994 / Guardian, 1997)
Principais Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- The Kinks ("The Black Album") (Pye, 1970)
- The Kink Kronikles (Reprise, 1972)
- The Great Lost Kinks Album (Reprise, 1973)
- The Kink's Greatest - Celluloid Heroes (RCA, 1976)
- Come Dancing with The Kinks - The Best of The Kinks 1977-1986 (Arista, 1986)
- The Album that Never Was (PRT, 1987)
- The EP Collection Vol. 1 & 2 (See For Miles, 1990/91)
- Fab Forty: The Singles Collection 1964-1970 (Charly, 1990)
- Lost and Found (1986-1989) (MCA, 1991)
- BBC Sessions 1964-1977 (Sanctuary, 2001)
- The Ultimate Collection (Sanctuary, 2002)