Tratamento
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo tratamento, ademais de referirse á "maneira de tratar algo ou a alguén" ou ao "título de cortesía que se dá a alguén en función do seu cargo, autoridade etc., e, en xeral, modo de dirixirse a unha persoa", noutros ámbitos fai referencia á forma aos medios que se utilizan para chegar á esencia de algo, ben porque esta non se coñeza ou porque se encontra alterada por outros de medios de calquera clase. cuxa finalidade é a curación ou o alivio das enfermidades ou os síntomas delas.[1]
- Nas ciencias, en xeral, tratamento é o procedemento aplicado a unha ou máis das variábeis independentes que xerará, ou non, un cambio nos valores da variábel ou as variábes dependientes (véxase Método científico).
- En medicina, o tratamento ou terapia, é o conxunto de medios de calquera clase (hixiénicos, farmacolóxicos, cirúrxicos ou físicos) cuxa finalidade é a curación ou o alivio (paliación) das enfermidades ou os síntomas delas.
- Na industria, o tratamento térmico é o proceso de quecemento e arrefriamento ao que se someten os materiais co fin de mellorar as súas propiedades mecánicas, especialmente a dureza, a resistencia e a tenacidade. Os materiais aos que se aplica o tratamento térmico son, basicamente, o aceiro, a fundición e outros metais, os plásticos e, cada vez máis, o vidro.
- En metalurxia, o tratamento é a operación a que se somete unha substancia (metais ou as súas aliaxes) para modificar a súa estrutura ou conferirlle algunha calidade ou propiedade, como, por exemplo a galvanización ou o temperado .
- En enxeñaría ambiental,
- o tratamento de augas é o conxunto de operacións cuxa finalidade é a eliminación ou redución da contaminación ou as características non dexexábeis das augas.
- o tratamento de refugallos é o conxunto de operacións cuxa finalidade é a eliminación ou redución da contaminación ou as características no dexexábeis dos refugallos.
- En xustiza, o tratamento penitenciario é o conxunto de todos aqueles medios pedagóxicos ou terapéuticos utilizados coa finalidade de que o suxeito que transgrediu a lei penal poida comprender a súa responsabilidade social para lograr unha convivencia en paz.
- No mundo do cinema, especialmente na preprodución, o tratamento é un guión sen puír.