Trofeo Aarne Honkavaara
Tipo | premio deportivo |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Epónimo | Aarne Honkavaara |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Vixencia | 1978 – |
O Trofeo Aarne Honkavaara (en finés Aarne Honkavaara -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada tempada 1977-78, e recoñece o máximo goleador durante a liga regular. Dende a 1995 recibe o seu nome en honor do ex xogador do Ilves e a selección finlandesa Aarne Honkavaara.
Con cinco trofeos conseguidos ao longo da súa carreira, Arto Javanainen é o xogador que máis veces foi o máximo goleador da liga regular, gañando catro deles cos Ässät da súa Pori natal, e un co TPS de Turku.[1]
Nome
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Aarne Honkavaara.
Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Aarne Honkavaara recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo Finlandés. Entregado oficialmente dende a tempada 1977-78, se ben as primeiras veces que se premiou ao máximo goleador da SM-liiga o premio non recibía ningún nome en particular, dende 1995 este trofeo e nomeado en honor ao ex xogador Aarne Honkavaara,[2] quen xogou toda a súa carreira como xogador no Ilves de Tampere na SM-sarja.[a][3] Honkavaara salientou como atacante ao longo da súa curta traxectoria, que se interrompeu cando tiña 29 anos a causa dunha lesión cando estaba a xogar coa súa selección nacional.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]O Trofeo Aarne Honkavaara recoñece ao máximo goleador da SM-liiga durante a liga regular.[5] Entregouse por primeira vez na tempada 1977–78, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi o finlandés Markku Kiimalainen, do Kärpät de Oulu. Foi precisamente esa mesma tempada cando a liga comezou a premiar aos xogadores máis destacados, mais non foi ata a década de 1990 cando estes galardóns comezaron a nomearse en honor ás lendas do hóckey sobre xeo finlandés.[2][6]
Na tempada 1987–88, o xogador de TPS Arto Javanainen conseguiu o rexistro récord de 47 goles anotados na liga regular, a pesar do cal o seu equipo non conseguiu a clasificación para os play-offs ao finalizar na quinta posición con dous puntos menos que Lukko.[7] En 2020 ningún xogador conseguira superar a marca de Javanainen.
O primeiro xogador nado fóra de Finlandia en conseguir o galardón foi o checo Tomáš Kapusta, quen anotou 30 goles para o HPK de Hämeenlinna durante a tempada 1992–93.[8] Dous anos máis tarde, en 1995 bautizouse o trofeo co nome do antigo xogador do Ilves Aarne Honkavaara.[2]
Na tempada 2019–20 o xogador de JYP Julius Nättinen fíxose co trofeo ao anotar 33 goles.[9] Por mor da panedmia por coronavirus, esa tempada a liga regular non se completou e o seu equipo, como case todos os da Liiga, disputou 59 partidos en lugar dos 60 que se debían xogar.[10]
Gañadores
[editar | editar a fonte]Gañadores por equipo
[editar | editar a fonte]O equipo para o que máis xogadores alzaron o trofeo é Jokerit de Helsinqui, cun total de seis xogadores, cada un cun trofeo.[f] Os dous equipos que máis xogadores achegaron ao palmarés do galardón foron o propio Jokerit e Ässät, con seis títulos cada un, se ben só tres xogadores alzaron o trofeo xogando no equipo de Pori. Xogadores doutros dez equipos gañaron o trofeo Aarne Honkavaara ata a tempada 2019-2020:
Equipo | Nº de xogadores | Total trofeos |
---|---|---|
Ässät | 4 | 7 |
Jokerit | 6 | 6 |
TPS | 5 | 5 |
Kärpät | 4 | 4 |
HIFK | 4 | 4 |
HPK | 4 | 4 |
Ilves | 3 | 4 |
Tappara | 2 | 3 |
JYP | 2 | 2 |
Lukko | 2 | 2 |
SaiPa | 2 | 2 |
KooKoo | 1 | 1 |
Máximos goleadores antes da implantación do trofeo
[editar | editar a fonte]Antes da creación do galardón os máximos goleadores da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés foron os seguintes:[56]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A SM-sarja era o nome que recibía o campionato finlandés antes da súa profesionalización en 1975, cando mudou o seu nome a SM-liiga.
- ↑ En termos de número de partidos na liga regular, Raimo Summanen do Ilves anotou 45 goles en 36 partidos durante a tempada 1982–83.
- ↑ Os 47 goles en 44 partidos que Arto Javanainen anotou con TPS na tempada 1987–88 seguen a ser o récord de goles anotados nunha tempada.
- ↑ Esa mesma tempada, o xogador de JYP Tomas Chlubna realizou o mesmo rexistro de goles, mais Viitakoski recibiu o galardón debido ao seu mellor rexistro de puntos, tendo conseguido un total de 60, só superado por Janne Ojanen de Tappara, que rexistrou un punto máis.
- ↑ Na 2009–10 Jukka Hentunen (Jokerit), Jonas Enlund (Tappara) e Juhamatti Aaltonen (Pelicans) anotaron o mesmo número de goles, con todo, o premio foi para Hentunen ao conseguir 50 puntos, un máis no dos que conseguiu Aaltonen.
- ↑ Jokerit deixou a SM-liiga na tempada 2013-14 para pasar a competir na Kontinental Hockey League a partir da tempada 2014-15.[55]
- Referencias
- ↑ "Arto Javanainen" (en inglés). sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Kauppinen, Juuso (16 de setembro de 2014). "Aarne Honkavaaran 90-vuotisjuhlaottelu Hakametsässä" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "Aarne Honkavaara" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "# 7 Aarne Honkavaara". mtvuutiset.fi (en finés). Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (19 de marzo de 2020). "Julius Nättinen vei Honkavaara-palkinnon" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 29 de abril de 2020.
- ↑ "Perinnesarja, osa 5: Isomäen huumaa" (en finés). Liiga.fi. 2 de novembro de 2016. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (11 de xaneiro de 2017). "Perinnesarja, osa 15: Tapparan valtakauden huipennus 1988" (en finés). Liiga.fi. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 30 de abril de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 "SM-liiga 1992-93 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 "Julius Nättinen Liiga-podcastissa: ”Olin tylympi maalipaikoissa, enkä aina hakenut syöttöä”" (en finés). Liiga.fi. 24 de marzo de 2020. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (18 de marzo de 2020). "Huimia nousuja, roimia pudotuksia – tässä ovat Liiga-kauden loppusijoitukset" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 29 de maio de 2020.
- ↑ "Teemu Selänne" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de maio de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1977-78 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1978-79 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1979-80 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1980-81 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1981-82 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1982-83 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1983-84 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1984-85 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1985-86 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1986-87 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1987-88 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1988-89 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1989-90 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1990-91 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1991-92 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1993-94 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1994-95 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1995-96 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1996-97 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1997-98 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1998-99 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 1999-00 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2000-01 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2001-02 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2002-03 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2003-04 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2004-05 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2005-06 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2006-07 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2007-08 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2008-09 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2009-10 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2010-11 League Leaders".
- ↑ "SM-liiga 2011-12 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2012-13 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2013-14 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2014-15 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2015-16 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2016-17 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2017-18 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "SM-liiga 2018-19 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ Luotola, Juha (14 de abril de 2021). "Lukko palkintosateessa – tehopuolustaja Press valittiin runkosarjan parhaaksi pelaajaksi". Satakunnan Kansa (en finés). Consultado o 18 de abril de 2021.
- ↑ "LIIGAN PALKINTOGAALASTA USEITA HUOMIONOSOITUKSIA TAPPARALLE" (en finés). Tappara.fi. 9 de xuño de 2022. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Jokerit Helsinki Statistics and History [KHL]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 29 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Liiga (en finés) (en inglés)