Saltar ao contido

Tsar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tsar[1] (en búlgaro, serbio e macedonio цар; en ruso царь ru-tsar.ogg pronunciado ) era o título empregado polos monarcas eslavos, principalmente do Imperio Ruso entre 1546 e 1917, pero tamén os gobernantes de Serbia e Bulgaria.

O título non implica un rango imperial, sendo equivalente ao krol, kral, korol ou kiraly (formas das diversas linguas eslavas para designar ao rei, derivadas etimoloxicamente de Carlomagno, Karl). Como moitos outros títulos nobiliarios, emprégase figurativamente na fala normal, para referirse a persoas ou institucións que posúen gran poder, e actúan como autócratas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra Tsar deriva do título latino César (Caesar en latín), popularizado en oriente coa forma grega Kaisar, que se empregaba para designar aos emperadores romanos e bizantinos.

Do antigo eslavo eclesiástico, derivou en tsesar (цесарь), que se contraeu en tsar (царь) a través da taquigrafía empregada nos manuscritos. Este título foi empregado por varios reis medievais dos Balcáns e en 1547 foi adoptado por Iván o Terrible como signo da unión que levara a Rusia.

A idea de que Rusia tiña que converterse na "Terceira Roma", como herdeira do Imperio Bizantino levou á substitución do termo tsar polo de emperador. Actualmente, cando se fala de tsar a secas, preténdese facer referencia ao emperador ruso. Con todo, tsar nunca deixou de ser oficialmente o equivalente inferior a un rei.

O que é un tsar ruso

[editar | editar a fonte]

O termo orixinal refírese tanto ao emperador de Bizancio que o khan mongol, ou mesmo a Deus. Cando os principados de Moscova engaden tódalas terras rusas, pois é cando o seu monarca aspira a ser recoñecido coa mesma igualdade dun Emperador de Occidente, polo tanto, superior ao simple rei. O Gran-príncipe tomou o título de príncipe polo de Tsar (deformación latina de Caesar da Roma imperial), xa foran utilizados anteriormente en Moscova, para designar a basileus (o emperador) bizantino, o khan mongol, pero tamén como Deus (Emperador Celeste).

Nalgún tempo o avó e pai de Iván III e Basilio III, grandes-príncipes de Moscova, fixéronse chamar "tsares". Pola mesma o neto de Iván III, Demetrio, fora coroado en 1498. Con todo, Iván o Terrible é o primeiro soberano a ter o título de Tsar durante a súa coroación recibiu isto das mans do metropolitano Makairo, o 16 de xaneiro de 1547.

Imitando principalmente a Bizancio, o ritual de coroación enriqueceuse gradualmente, ata alcanzar no século XVII a súa forma definitiva; segundo a lenda, ligase co Emperador de Bizancio Constantino IX Monómaco (finais do século XII).

Os regalia son os obxectos que simbolizan a dignidade do Tsar; a cruz (de madeira da Verdadeira Cruz), a chapka dos Monómaco, un colar ombreiro, un cetro, a bola do mundo, unha cadea de ouro e o un abrigo púrpura. A súa santidade non cabe dúbida de que aparece ata nas revoltas feitas contra el. Polo tanto isto sobrenatural non é garante, con todo, da docilidade dos seus súbditos.

Título completo dos monarcas rusos

[editar | editar a fonte]

O título completo dos emperadores rusos era:

Божию Милостию, Император и Самодержец Всероссийский (Bozhiyu Milostiyu, Imperator i Samodyerzhets Vserossiysky)
(Pola Graza do Señor Emperador e Autócrata de todas as Rusias)

A esta forma seguíalle a lista de territorios rexidos polos tsares, que a Constitución do 23 de abril de 1906 definía así: "O título da súa maxestade é como segue:

Божію Поспѣшествующею Милостію МЫ, НИКОЛАЙ ВТОРЫЙ ИМПЕРАТОРЪ и САМОДЕРЖЕЦЪ ВСЕРОССІЙСКІЙ
Московский, Кіевскій, Владимірскій, Новгородскій,
Царь Казанскій, Царь Астраханскій, Царь Польскій, Царь Сибирскій, Царь Херсониса Таврическаго, Царь Грузинскій,
Государь Псковскій, и
Великій Князь Смоленскій, Литовскій, Волынскій, Подольскій и Финляндскій;
Князь Эстляндскій, Лифляндскій, Курляндскій и Семигальскій, Самогитскій, Бѣлостокский, Корельскій,
Тверскій, Югорскій, Пермскій, Вятскій, Болгарскій и иныхъ;
Государь и Великій Князь Новагорода низовскія земли, Черниговскій, Рязанскій, Полотскій,
Ростовскій, Ярославскій, Бѣлозерскій, Удорскій, Обдорскій, Кондійскій, Витебскій, Мстиславскій и
всея Сѣверныя страны Повелитель; и
Государь Иверскія, Карталинскія и Кабардинскія земли и области Арменскія;
Черкасскихъ и Горскихъ Князей и иныхъ Наслѣдный Государь и Обладатель;
Государь Туркестанскій;
Наслѣдникъ Норвежскій,
Герцогъ Шлезвигъ-Голстинскій, Стормарнскій, Дитмарсенскій и Ольденбургскій, и прочая, и прочая, и прочая.

Que traducido é:

Nós, Nicolao II pola graza de Deus, Emperador e Autócrata de todas as Rusias, de Moscova, Kíiv, Vladímir, Nóvgorod, tsar de Kazán, tsar de Astrakán, tsar de Polonia, tsar de Siberia, tsar do Quersoneso táurico, tsar de Xeorxia, Señor de Pskov, e Gran Duque de Smolensk, Lituania, Volinia, Podolia, e Finlandia, Príncipe de Estonia, Livonia, Curlandia e Semigalia, Samogitia, Białystok, Carelia, Tver, Yugra, Perm, Vyatka, Bulgaria, e outros territorios; Señor e Gran Duque de Nizhnii Novgorod, Chernigov; Rexente de Riazán, Polotsk, Rostov, Yaroslavl, Belozero, Udoria, Obdoria, Kondia, Vitebsk, Mstislav, e outros territorios do norte; Rexente de Iveria, Kartalinia, e as terras de Kabardina e Armenia - Rexente e Señor hereditario dos Circasianos e outros; Señor de Turquestán, Herdeiro de Noruega, Duque de Schleswig-Holstein, Stormarn, Dithmarschen, Oldemburgo, e así sucesivamente e así sucesivamente e así sucesivamente."

Outros títulos da familia real rusa

[editar | editar a fonte]
  • Tsarina (царица, literalmente tsaritsa): feminino de tsar, foi empregado tanto pola consorte do emperador coma pola propia emperatriz, se esta era muller como Catarina I de Rusia. A partir de 1714 a forma oficial foi emperatriz (Императрица imperatritsa).
  • Tsarévich (Цесаре́вич, literalmente tsesarévich) (en ruso, é literalmente fillo do tsar) foi o termo empregado para o herdeiro. A forma protocolaria era Herdeiro Tsarévich (Naslednik Tsesarévich, Наследник Цесаревич), aínda que coloquialmente era reducida a o Herdeiro (Naslednik).
  • Tsarevna (царе́вна, literalmente tsarevna) era o termo empregado para unha filla ou neta do tsar ou tsarina. Oficialmente era Velikaia Kniaginia (Великая Княгиня), traducido como Gran Duquesa o Gran Princesa.
  • Tsesarevna (Цесаре́вна, literalmente tsesarevna) era a esposa do tsarévich.

Lista de tsares

[editar | editar a fonte]

Tsares de tódalas Rusias, 1547-1721

[editar | editar a fonte]

Emperadores de Tódalas Rusias, 1721-1917

[editar | editar a fonte]