Saltar ao contido

Veiga de Ponteliñares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaVeiga de Ponteliñares
Tipoespazo natural protexido
Zonas de especial protección dos valores naturais Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPorqueira, España e Rairiz de Veiga, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°00′N 7°54′O / 42, -7.9
Características
Superficie160,34876 ha Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349504 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundacióndecembro de 2004 Editar o valor en Wikidata

A veiga de Ponteliñares é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe as veigas das chairas do curso alto do río Limia, ao sur da noutrora presente lagoa de Antela. Esta área de conservación ourensá ocupa 160 ha dos concellos limiaos de Porqueira e Rairiz de Veiga.[1][2][3][4][5][6]

Este espazo natural forma parte da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia e está incluída en territorio de concellos da reserva da biosfera da Área de Allariz.[5]

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]

A veiga de Ponteliñares é un conxunto de ribeira arredor de augas oligotróficas do río Limia, cos seus prados de sega e bosques de ribeira de abeneiros e freixos. Están presentes áreas de queirogais de Erica ciliaris e E. tetralix.[5] Na vexetación das augas dominan as Potamogeton natans e Ranunculus penicillatum.[6]

Entre a flora destacan os cardiños da lagoa (Eryngium viviparum) por ser un dos poucos espazos naturais galegos onde está presente.[6]

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[5]

Especie
Eryngium viviparum

Nesta veiga atópanse 23 taxóns de animais de interese de conservación. Destacan o lepidóptero Euphydryas aurinia, a cobra lagarteira común (Coronella austriaca) e aves como a pica campestre (Anthus campestris), a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) ou o sisón (Tetrax tetrax).[5]

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[5]

Grupo Especie
Invertebrados Euphydryas aurinia
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Chondrostoma polylepis
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Barbastella barbastellus
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus euryale
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación

[editar | editar a fonte]

En 2004 foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) pola comisión bioxeográfica atlántica[1] e en 2006 pola comisión mediterránea[2]. En 2014 ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[3][4] Ademais, está dentro da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Limia tamén da rede Natura.[5]

Parte deste espazo natural está presente dentro da reserva da Biosfera Área de Allariz.[5]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 BOE - Goberno de España, eds. (21/9/2006). "Decisión de la Comisión, de 19 de julio de 2006, por la que se adopta, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica mediterránea [notificada con el número C(2006) 3261].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  4. 4,0 4,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Veiga de Ponteliñares". Consultado o 18/10/2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130006 Veiga de Ponteliñares". Consultado o 18/10/2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]