Vicente Clavero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Málaga, España |
Vicente Clavero Martín, nado en Málaga en 1958, é un xornalista andaluz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid dende o ano 1980. Foi redactor da axencia de noticias Europa Press e do diario ABC. Formou parte do equipo fundacional de Expansión e mais de Diario Médico. Dirixiu El Correo de Andalucía. É columnista do diario Público, onde analiza principalmente asuntos relacionados coa economía. Amais, en 2009 foi nomeado director de comunicación deste xornal.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- Su Eminencia (2007)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clavero, nomeado director de comunición de Público, nova aparecida en infoperiodistas.info en xuño de 2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Con negritas, columna de Clavero no diario Público (en castelán)