Saltar ao contido

Vittorio Sentimenti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sentimenti III
Información persoal
Nome Vittorio Sentimenti
Nacemento 18 de agosto de 1918
Lugar de nacemento Bomporto
Falecemento 27 de setembro de 2004
Lugar de falecemento Turín
Altura 1,66 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1933–1936 Modena
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1936–1941 Modena 125 (59)
1941–1949 Juventus 210 (62)
1949–1952 Lazio 76 (9)
1952–1956 Torino 88 (8)
1956–1957 Modena 11 (0)
1958–1959 Aosta 5 (0)
Total 515 (138)
Adestrador
1958–1962 Aosta
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Vittorio Sentimenti, coñecido como Sentimenti III, nado en Bomporto o 18 de agosto de 1918 e finado en Turín o 27 de setembro de 2004, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como centrocampista.

Era chamado Sentimenti III por ser o terceiro de cinco irmáns varóns, todos futbolistas, sendo os demais Ennio (I), Arnaldo (II), Lucidio (IV) e Primo (V). Tamén era coñecido co alcume de Ciccio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira cos equipos xuvenís do Modena a comezos da década de 1930, sendo convocado ocasionalmente para algúns partidos do primeiro equipo da Serie B entre 1933 e 1936. Pasou definitivamente ao primeiro equipo para a tempada 1936/37, permanecendo nas súas filas durante cinco anos, tres deles na Serie B e dous na Serie A. Na tempada 1940/41 coroouse como o máximo goleador da Serie B (con 24 goles, empatado co xogador do Brescia Renato Gei).

En 1941 fichou polo Juventus, na que militou oito anos.[1] Na súa primeira campaña proclamouse campión da Copa Italia, marcando un dos goles da final contra o Milan.[2] Xogou un total de 218 partidos oficias co club piemontés, nos que anotou 69 goles.

En 1949 foi traspasado á Lazio, onde xogou tres tempadas, flanqueado polos seus irmáns Lucidio e Primo.[3]

Na tempada 1952/53 fichou polo Torino, no que xogou catro anos, antes de regresar ao Modena no verán de 1956.[1] Rematou a súa carreira no Aosta, na liga de afeccionados, como xogador-adestrador en 1959, e dirixiu o club ata 1962.

No momento da súa retirada era un dos futbolistas con máis partidos na historia do fútbol italiano, con 421 partidos na máxima categoría, nos que marcou 94 goles, así como 88 encontros na Serie B con 44 goles.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Modena
Juventus
  1. 1,0 1,1 "Gli eroi in bianconero: Vittorio SENTIMENTI III" (en italiano). 18 de agosto de 2013. Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  2. "Le magnifiche 12" (en italiano). 8 de maio de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  3. "Sentimenti III (Vittorio), il bersagliere della Lazio" (en italiano). 27 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2022. Consultado o 23 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Caminiti, Vladimiro (1977). Juventus Juventus. Dizionario storico romantico dei bianconeri (en italiano). Milán: Edizioni Elle. p. 208. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]