Saltar ao contido

West Point

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWest Point
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°23′42″N 73°57′18″O / 41.395, -73.955
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York
CondadoCondado de Orange Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.341 (2020) Editar o valor en Wikidata (137,26 hab./km²)
Número de fogares952 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie53,481884 km² Editar o valor en Wikidata
Auga4,3639 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude220 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10996–10997 e 10996 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico845 Editar o valor en Wikidata

West Point é o posto militar máis antigo dos Estados Unidos ocupado continuamente.

Situado no condado de Orange do Estado de Nova York, na beira do río Hudson, West Point foi identificado polo xeneral George Washington como a posición estratéxica máis importante de Norteamérica durante a Revolución Americana.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada na cidade de Highland Falls, no condado de Orange do Estado de Nova York, West Point abarca unha extensión de 64,9 km2, incluíndo o campus da Academia Militar dos Estados Unidos, que normalmente se chama "West Point".

No ano 2010 tiña unha poboción de 6 763 habitantes,[1] polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 104,05 hab./km2

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, no ano 2020 os ingresos medios por fogar na localidade eran de $56 516, e os ingresos medios por familia eran de $56 364. Ao redor do 2,0 % da poboación estaban por debaixo do limiar de pobreza.[2]

Até xaneiro de 1778, West Point non foi ocupado polos militares. O 27 de xaneiro de 1778, o xeneral de brigada Samuel Holden Parsons e a súa brigada cruzaron o xeo no río Hudson e subiron á chaira de West Point e, desde ese día até a actualidade, West Point foi ocupada polo exército dos Estados Unidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]