Wiki
Un wiki[1] é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]
O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]
O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
Historia dos wikis
[editar | editar a fonte]WikiWikiWeb foi o primeiro wiki[2], o seu creador foi Ward Cunningham quen comezou a desenvolvelo en Portland (Oregón) en 1994 e que o instalou no dominio de Internet c2.com o 25 de marzo de 1995. Segundo Cunningham o nome procede do autobús que transporta viaxeiros e equipaxe entre os diferentes terminais do Aeroporto Internacional de Honolulu, chamado "Wiki-Wiki" e que utilizou como un sinónimo de "rápido"[3][4]. Cunningham inspirouse en parte no HyperCard de Apple[5], desenvolvendo as ideas de Vannevar Bush para permitirlles aos usuarios comentar e mudar os textos doutra xente[6].
Wikipedia converteuse no máis famoso wiki, entrando na lista dos dez sitios web máis populares en 2007, o seu sistema wiki, MediaWiki, adoptáronno despois moitos outros wikis.
Para que serve un wiki?
[editar | editar a fonte]En principio, un wiki úsase para calquera cousa que os seus usuarios desexen. O formato préstase á colaboración (colaboración que involucra a calquera persoa, que pode facer o que queira coas páxinas). Wikipedia é un wiki que ten como misión específica ser unha enciclopedia. Así, todas as edicións que se fagan neste wiki deben ir orientadas a ese obxectivo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para wiki.
- ↑ Ebersbach, Anja (2008), Wiki: Web Collaboration, Springer Science+Business Media, p. 10 ISBN 3-540-35150-7
- ↑ Cunningham, Ward (1 de novembro de 2003). WikiWikiWeb, ed. "Correspondence on the Etymology of Wiki". Consultado o 9 de marzo de 2007.
- ↑ Cunningham, Ward (25 e febreiro de 2008). WikiWikiWeb, ed. "Wiki History". Consultado o 9 de marzo de 2007.
- ↑ Venners, Bill "Exploring with Wiki. A Conversation with Ward Cunningham, Part I", artima.com, 20 de outubro de 2003
- ↑ Cunningham, Ward (26 de xullo de 2007). WikiWikiWeb, ed. "Wiki Wiki Hyper Card". Consultado o M9 de marzo de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wiki |