Wikipedia:Espazo de nomes
Aparencia
(Redirección desde «Wikipedia:NS»)
Esta é unha páxina informativa da Galipedia.
Describe prácticas editoriais establecidas da comunidade nalgún aspecto concreto, ou detalla aspectos das normas e usos habituais dentro da Galipedia. |
Espazos de nomes da Wikipedia | |||
---|---|---|---|
Espazos de nomes básicos | Espazos de nomes conversa | ||
0 | Principal (ou Artigo) | Conversa | 1 |
2 | Usuario | Conversa usuario | 3 |
4 | Wikipedia | Conversa Wikipedia | 5 |
6 | Ficheiro | Conversa ficheiro | 7 |
8 | MediaWiki | Conversa MediaWiki | 9 |
10 | Modelo | Conversa modelo | 11 |
12 | Axuda | Conversa axuda | 13 |
14 | Categoría | Conversa categoría | 15 |
100 | Portal | Conversa portal | 101 |
102 | Libro | Conversa libro | 103 |
828 | Módulo | Conversa módulo | 829 |
2300 | [[Wikipedia:Trebellos|]] | 2301 | |
2302 | [[Wikipedia:Trebellos|]] | 2303 | |
2600 | |||
Espazos de nomes virtuais | |||
-1 | Especial | ||
-2 | Media |
Un espazo de nomes na Wikipedia é un conxunto de páxinas da Wikipedia cuxos nomes comezan cun prefixo particular recoñecido polo software MediaWiki, coa única excepción dos artigos da enciclopedia, que non teñen prefixo.
Sintaxe
[editar a fonte]A sintaxe dos espazos de nomes é do seguinte modo: o nome do espazo de nomes, seguido de dous puntos (":"), seguido do título da páxina. Por exemplo:
Usuario:Exemplo
- O exemplo anterior correspondería coa páxina de usuario presente no espazo de nomes usuario, pertencente ao usuario chamado "Exemplo".
Uso na Wikipedia
[editar a fonte]A Galipedia ten 24 espazos de nomes na actualidade: once espazos de nomes básicos, coa súa conversa correspondente asociada; e dous espazos de nomes virtuais.