Benvida COMOs Preguntas frecuentes Comunidade Políticas Artigos de calidade Axuda
O titanio é un elemento químico de símbolo Ti e número atómico 22 que se sitúa no grupo 4 da táboa periódica dos elementos. É un metal de transición de cor gris, baixa densidade e gran dureza. É moi resistente á corrosión por auga do mar, auga rexia e cloro. Foi descuberto en Cornualla, Gran Bretaña, por William Gregor en 1791 e Martin Heinrich Klaproth nomeouno así polos titáns da mitoloxía grega. Este elemento dáse en diversos depósitos de minerais, principalmente de rútilo e ilmenita, que se distribúen amplamente pola codia terrestre e a litosfera, ademais de formar parte de moitas formas de vida, rochas, corpos de auga e solos. A extracción deste metal dende o mineral realízase por medio do método de Kroll ou polo método de Hunter. O composto máis común é o dióxido de titanio, habitual na fotocatálise e usado na manufactura de pigmentos de cor branca. Outros compostos habituais inclúen o tetracloruro de titanio (TiCl4), un compoñente catalizador, e o tricloruro de titanio (TiCl3), empregado coma catalizador na produción de polipropileno. O titanio pode formar aliaxes co ferro, o aluminio, o vanadio e o molibdeno entre outros elementos, producindo aliaxes lixeiras e resistentes para aplicacións aeroespaciais (motores de reacción, mísiles e naves espaciais), aplicacións militares, aplicacións industriais (produtos químicos e petroquímicos, plantas de desalinización), na automoción, para próteses médicas e implantes ortopédicos, instrumentos e implantes dentais, aparellos deportivos, xoiería ou teléfonos móbiles entre outras aplicacións. As dúas propiedades máis útiles deste metal son a resistencia á corrosión e a maior proporción de dureza-densidade de tódolos elementos metálicos. Cando non se atopa nunha aliaxe, o titanio é igual de forte que algúns aceiros, pero presentando unha menor densidade que estes. Ten dúas formas alotrópicas e cinco isótopos naturais que van dende 46Ti ata 50Ti, sendo 48Ti o máis abundante deles.
Matemáticas e Ciencias naturais:
Astronomía • Bioloxía • Botánica • Ciencias naturais • Física • Matemáticas • Meteoroloxía • Oceanografía • Química • Xeoloxía • Zooloxía
Arte e Cultura:
Arquitectura • Arte • Cine • Cultura • Deporte • Gastronomía • Literatura • Música • Mitoloxía • Pintura • Teatro
Filosofía e Ciencias sociais:
Arqueoloxía • Economía • Filosofía • Historia • Lingüística • Política • Psicoloxía • Dereito • Socioloxía • Xeografía (Galicia)
Ciencia e Tecnoloxía:
Agricultura • Arquitectura • Enxeñaría • Estatística • Informática • Medicina • Telecomunicacións • Transporte
Portais:
Fórmula 1 • Galicia • Historia • Informática • Música rock • Ópera • Hóckey a patíns
Meta-WikiCoordinación
CommonsMultimedia
GalizionarioDicionario
GalilibrosLibros
GalifontesDocumentos
GalicitasCitas
WikispeciesEspecies
WikinewsNovas
WikiversityAprendizaxe
WikivoyageViaxes
WikidataDatos
MediaWikiDesenvolvemento