Wilbur Scoville
(1910) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Wilbur Lincoln Scoville 22 de xaneiro de 1865 Bridgeport, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de marzo de 1942 (77 anos) Gainesville, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Farmacéutico |
Ocupación | farmacéutico, farmacólogo, químico |
Familia | |
Pais | Lemuel Scoville e Adeline Augusta Carlisle Scoville |
Premios | |
| |
Wilbur L. Scoville, nado en Bridgeport (Connecticut) o 22 de xaneiro de 1865 e finado en Gainesville (Florida) o 10 de marzo de 1942, foi un químico estadounidense coñecido por crear a escala Scoville de recoñecemento organoléptico. Desenvolveu a escala e fixo as probas en 1912 mentres traballaba na compañía farmacéutica Parke-Davis para determinar o grao de picante dos pementos.
En 1922, Scoville gañou o premio Ebert da American Pharmaceutical Association e en 1929 recibiu a medalla de honra Remington. Scoville tamén recibiu o doutoramento honorario en ciencias da Universidade de Columbia.
Scoville escribiu The Art of Compounding, que foi publicado por vez primeira en 1895 e foi editado oito veces. O libro usouse coma referencia farmacolóxica até a década de 1960. Scoville tamén escribiu Extract and Perfumes, con centos de fórmulas de perfumes e esencias.
Obtivo dous premios da APhA:
- The Ebert Prize en 1922 "... en recoñecemento aos autores do mellor informe orixinal e investigación sobre unha substancia medicinal..."
- Remington Honor Medal en 1929, o lauro máis salientábel da APhA.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Wilbur Scoville
- Que son as unidades Scoville? - Inglés, páxina corporativa de Tabasco
- Scoville Units Foods Arquivado 09 de decembro de 2013 en Wayback Machine. - unha división do The Scoville Institute of Food Technology