William Cameron Menzies
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1896 New Haven, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de marzo de 1957 (60 anos) Beverly Hills, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Educación | Universidade de Edimburgo Art Students League of New York (pt) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, realizador, deseñador de produción, guionista, produtor |
Período de actividade | 1918 - 1956 |
Representante | Light Cone |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Premios | |
| |
|
William Cameron Menzies, nado en New Haven (Connecticut) o 29 de xullo de 1896 e finado nos Ánxeles (California) o 5 de marzo de 1957 foi un director de produción e director artístico estadounidense que tamén traballou como director, produtor e guionista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Menzies naceu en Connecticut, fillo dos emigrantes escoceses Charles A. e Helen. Estudou nas universidades de Yale e Edimburgo e tras servir no exército estadounidense na primeira guerra mundial asistiu á Art Students League of New York.
Menzies uniuse á Famous Players-Lasky, que logo evolucionou na Paramount Pictures, traballando en efectos especiais e deseño. En 1929, co produtor Joseph M. Schenck creou unha serie de curtametraxes sonoras, incluíndo unha versión de dez minutos de The Sorcerer's Apprentice, de Paul Lukas. O seu traballo en The Adventures of Tom Sawyer (1938) levou o produtor David O. Selznick a contratalo para Foise co vento (1939).[1] Menzies foi o director da secuencia do incendio de Atlanta e remontou a secuencia onírica de Salvador Dalí no filme Spellbound (1945), de Alfred Hitchcock.[2]
Ademais do seu traballo como director artístico, dirixiu filmes dramáticos e fantásticos, entre eles Things to Come, baseado na obra de H.G. Wells, e Invaders from Mars.
Menzies finou de cancro pouco despois de rematar o seu traballo como produtor asociado de A volta ao mundo en oitenta días (1956).
Filmografía
[editar | editar a fonte]Director artístico
[editar | editar a fonte]- The Iron Mask (1929)
- Alibi (1929)
- Condemned (1929)
- Coquette (1929)
- Puttin' on the Ritz (1930)
- Alice in Wonderland (1933, tamén coguionista)
- Made for Each Other (1939)
- Sinfonía da vida (1940)
- The Devil and Miss Jones (1941)
- The Pride of the Yankees (1942)
- Kings Row (1942)
- For Whom the Bell Tolls (1943)
- Arch of Triumph (1948)
- Invaders from Mars (1953)
Director
[editar | editar a fonte]- Things to Come (1936)
- Conquest of the Air (1936, codirector sen acreditar)
- The Green Cockatoo (1937)
- The Thief of Bagdad (1940, sen acreditar)
- The Whip Hand (1951)
- Address Unknown (1944)
- Duel in the Sun (1946, sen acreditar)
- Tambores do sur (1951)
- The Maze (1953)
- Invaders from Mars (1953)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Memo from David O. Selznick, seleccionado e editado por Rudy Behlmer, The Viking Press, 1972, p.156.
- ↑ Dalí, Surrealism and cinema de Elliott H. King, Kamera Books, 2007, p.85-86.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- William Cameron Menzies na IMDb (en inglés).