Xurxo de Chipre
Xurxo de Chipre (Γεώργιος Κύπριος, latinizado como Georgius Cyprius) foi un xeógrafo bizantino de finais do século VII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O único que se sabe sobre a súa vida é que naceu en Lapithos na illa de Chipre.[1] É coñecido pola súa Descriptio orbis Romani ("Descrición do mundo romano"), escrita na década 600–610.[2] Está escrita en grego, e fai unha relación de cidades, vilas, fortalezas e divisións administrativas do Imperio Romano de Oriente. A lista empeza en Italia e móvese en sentido contrario ao reloxo polo Mediterráneo, desde África, Exipto e Oriente. A lista que chegou ata nós está evidentemente incompleta, pois os Balcáns están excluídos.[3] A Descriptio só sobreviviu nunha compilación, probabelmente do século IX, xunto con outras listas como as notitiae eclesiásticas. É posíbel que o compilador, que normalmente se considera que foi o armenio Basilio de Ialimbana, alterase o texto de Xurxo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kazhdan (1991), p. 837
- ↑ "Artigo: The Representation of Lower Egypt (por Herbert Donner)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 04 de setembro de 2012. Arquivado 05 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Kazhdan (1991), p. 838
- ↑ Kazhdan (1991), pp. 837–838
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Georgii Cyprii Descriptio Orbis Romani (1890), editor Heinrich Gelzer.
- Kazhdan, Alexander, ed. (1991), Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, pp. 837–838, ISBN 978-0-19-504652-6.