Xustiza climática
Xustiza climática é un termo usado para enmarcar o quecemento global como unha cuestión ética e política, en vez dunha cuestión de natureza puramente ambiental ou física. Iso faise a través da relación das causas e dos efectos do cambio climático aos conceptos de xustiza, particularmente xustiza ambiental e xustiza social . A xustiza climática examina conceptos como igualdade, dereitos humanos, dereitos colectivos e as responsabilidades históricas polo cambio climático. As accións de xustiza climática poden incluír o crecente número global de accións legais sobre cuestións de cambio climático. En 2017, un relatorio do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente identificou 894 accións xudiciais en marcha en todo o mundo.
Comunidades historicamente marginalizadas, como mulleres, comunidades indíxenas e comunidades de cor, moitas veces afrontan as peores consecuencias do cambio climático: en realidade, os menos responsables polo cambio climático sofren as súas consecuencias máis graves. E eles tamén poden ser aínda máis prexudicados polas respostas ó cambio climático, que poden reproducir ou exacerbar as desigualdades existentes, que foron nomeadas como 'triplas inxustizas' do cambio climático.[1][2][3]
O uso e a popularidade da xustiza climática aumentaron dramaticamente os últimos anos, pero a xustiza climática é entendida de moitas maneiras e os distintos significados ás veces son cuestionados. Na súa forma máis simple, os conceptos de xustiza climática poden ser agrupadas ao longo das liñas da xustiza procesual, que enfatiza a toma de decisións xustas, transparentes e inclusivas, e a xustiza distributiva, que pon a énfase en quen soporta os custos do cambio climático e as accións tomadas para cumprir os obxectivos.[1]
Faise especial fincapé no papel do PAMA (Persoas e Áreas Máis Afectadas), ou sexa, grupos desproporcionalmente afectados polo cambio climático, como mulleres, BIPOC, mozos, persoas máis vellas e máis pobres.[4][5][6] En particular coa aparición de movementos populares que apuntan á xustiza climática - como Fridays for Future, Ende Gelände ou Extinction Rebellion - a conexión deses grupos no contexto da xustiza climática tornouse máis importante.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Peter Newell, Shilpi Srivastava, Lars Otto Naess, Gerardo A. Torres Contreras e Roz Price, "Towards Transformative Climate Justice: Key Challenges and Future Directions for Research," Working Paper Volume 2020, Number 540 (Sussex, UK: Institute for Development Studies, xullo de 2020)
- ↑ United Nations Research Institute for Social Development (UNRISD) (2016) Policy Innovations for Transformative Change: Implementing the 2030 Agenda for Sustainable Development, Geneva: UNRISD
- ↑ Routledge handbook of climate justice. Abingdon, Oxon. ISBN 978-1-315-53768-9. OCLC 1056201868.
- ↑ "As young people, we urge financial institutions to stop financing fossil fuels". Climate Home News. 9 de novembro de 2020. Consultado o 31 de janeiro de 2021.
- ↑ "Definition of BIPOC" (en inglés). Consultado o 2021-01-31.
- ↑ Climate Change and Land. An IPCC Special Report on climate change, desertification, land degradation, sustainable land management, food security, and greenhouse gas fluxes in terrestrial ecosystems. 2019. p. 17.
- ↑ "Selbstreflexion" (en alemán). Consultado o 2021-01-31.