Xutlandia
(da) Jylland | |||||
Tipo | rexión xeográfica península | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Xutos | ||||
Parte de | Chaira europea setentrional | ||||
| |||||
Bañado por | Mar do Norte | ||||
Características | |||||
Superficie | 29.777 km² | ||||
Xutlandia[1][2] (en dinamarqués Jylland, en alemán Jütland) é unha península da Europa noroccidental que comprende a parte continental de Dinamarca e o norte de Alemaña (estado federal de Schleswig-Holstein). Ao oeste limita co mar do Norte, ao norte co Skagerrak, ao nordés co Kattegat e ao leste coas illas dinamarquesas do Báltico.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome provén dos xutos, pobo xermánico que se instalou alí no século V.
A parte meridional forma parte de Schleswig-Holstein, rexión que foi cambiando de posesión dinamarquesa a alemá ao longo da historia. O derradeiro cambio de soberanía tivo lugar tras a primeira guerra mundial, recuperando Dinamarca parte de Schleswig (en danés Slesvig) pola vía dun plebiscito.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O terreo é relativamente chan, con pequenos cerros e turbeiras, constituído por materiais sedimentarios da era secundaria e depósitos do terciario que foron cubertos polos glaciares durante a era seguinte, dando lugar á actual paisaxe da península: unha chaira suavemente ondulada e inclinada cara ao oeste.[3] Ten unha superficie de 29.775 km² e ten unha poboación de 2.491.852 persoas (2004). Pola súa extensión, abrangue os dous terzos da superficie do país, pero alberga só 2/5 partes da poboación total.
A costa articúlase por numerosos fiordes de orixe glaciar. A zona oeste presenta un relevo máis erosionado e caracterízase pola abundancia de depósitos fluvioglaciares. A costa está delimitada por cordóns de dunas e carece de portos naturais.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima da península é oceánico (0 °C de media no inverno e 16 °C no verán) e húmido.
Cidades da Xutlandia dinamarquesa:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Randers». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1748. ISBN 9788482893600.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. Arquivado 26 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Enciclopedia Clarín 15 (1º ed.). Arxentina: Océano editores. 1999. ISBN 987-522-048-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xutlandia |