Yves Chauvin
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Yves René Richard Marie Chauvin 10 de outubro de 1930 Menen, Bélxica (pt) |
Morte | 27 de xaneiro de 2015 (84 anos) Tours, Francia |
Residencia | París |
Educación | École supérieure de chimie, physique, électronique de Lyon (pt) |
Actividade | |
Ocupación | químico, investigador |
Empregador | French Institute of Petroleum (en) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Yves Chauvin, nado Menen, Bélxica, o 10 de outubro de 1930 e finado o 28 de xaneiro de 2015, foi un químico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De cativo trasladouse cos seus pais, de nacionalidade francesa, á cidade de Tours. Estudou química na Escola Superior de Química, Física e Electrónica de Lión, onde se gradou en 1954. En 1960 uniuse ao Instituto Francés do Petróleo como enxeñeiro investigador en termodinámica e cinética aplicada. Conduciu a unidade de catálise homoxénea antes de converterse en director da investigación.
En 2006 Chauvin ostentaba o cargo de director honorario de investigacións no Instituto Francés do Petróleo en Ruel-Malmaison, preto de París, onde por outra banda é membro da Academia de Ciencias Francesa.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Autor de moitas publicacións no campo da síntese orgánica, especialmente en metátese, a oligomerización e a polimerización, partillou no 2005 o Premio Nobel de Química con Richard R. Schrock e Robert H. Grubbs polo seu traballo a principios dos anos 1970 sobre o desenvolvemento do método de metátese olefínica en síntese orgánica sobre os alquenos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2005 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2005 (en inglés)
- Perfil de Yves Chauvin en NNDB (en inglés)
- Detalles sobre o Premio Nobel obtido (en inglés)
- Información xeral sobre o Premio Nobel do ano 2005 (en inglés)
- Fotografía oficial de Yves Chauvin (en inglés)
Predecesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |
Premio Nobel de Química 2005 con Robert H. Grubbs, Richard R. Schrock |
Sucesor: Roger D. Kornberg |