Zen Arcade é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punkHüsker Dü, editado en xullo de 1984 a través do selo SST Records. Orixinalmente publicado como un disco dobre en dous vinilos, Zen Arcade conta a historia dun neno que escapa dunha vida familiar insatisfactoria, só para atopar que o mundo que hai fóra é aínda peor. O disco incorpora elementos de jazz, psicodelia, folk acústico, pop e interludios de piano, conceptos raramente tocados no mundo do hardcore punk.
Zen Arcade e os posteriores álbums de Hüsker Dü foron fundamentais na creación do xénero do rock alternativo; a banda posteriormente abandonaría a estética hardcore en favor de melodías post-hardcore e guitarras alternativas. Aínda que non foi un éxito comercial, a influencia de Zen Arcade foi máis aló da música underground, e é incluído con frecuencia en listas dos mellores discos de rock and roll de todos os tempos. Inspirou a todas as bandas emo por chegar, como Rites of Spring ou Jawbreaker.
En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 13 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]