Saltar ao contido

Plistoceno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de febreiro de 2011 ás 10:16 por VolkovBot (conversa | contribucións) (r2.5.1) (bot Modificado: ru:Плейстоценовая эпоха)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

O pelistoceno é unha época xeolóxica, comprendida entre hai aproximadamente 1.800.000 e uns 11.500 anos. Pertence ao período neoxeno, da era cenozoica, do eón fanerozoico. Sucede ao plioceno e precede ao holoceno, ambos os dous do seu período. Dividese nas idades Pleistocena Inferior, Pleistocena Media e Pleistocena Superior, da máis antiga á máis recente.

Era Cenozoica
Período Neoxeno
Mioceno Plioceno Plistoceno Holoceno
Aquitaniano | Burdigaliano |
Langhiano | Serravalliano |
Tortoniano | Mesiniano
Zancleano |
Piacenciano |
Xelasiano
Inferior | Medio |
Superior
 

Características

No Pleistoceno ocorreron as glaciacións máis recentes. O clima e as temperaturas mudaron drasticamente, e o período é hoxe estudado por paleontólogos na tentativa de comprender os climas da Terra no pasado.

Os fósiles deste período son abondosos, ben preservados, e a súa datación é precisa. Entre eles, os foraminíferos, diatomáceas e polen de plantas son moito informativos sobre os paleoclimas. Os paleontólogos estudan actualmente, a través destes rexistros, a influencia das mudanzas climáticas sobre as biotas.

Moitos dos xéneros e mesmo especies que viven hoxe xurdiron entón. Houbo, porén, naquel período, un bon número de animais de grande porte hoxe extintos, como o mastodonte, o tigre-dente-de-sabre, o bisón-de-chifres-longos. Camelos e cabalos nativos existian na América do Norte. Un dos maiores animais do Pleistoceno, cuxas biotas eran moi semellantes ás actuais, foi o mamut.

Durante o Pleistoceno ocorreu a extinción dos grandes mamíferos e a evolución dos humanos modernos. Unha das teorías sobre esa extinción a atribúe en parte á caza pola especie Homo sapiens.

Fontes

Páxinas relacionadas