Sandro Botticelli
Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.
Biografía
Botticelli entrou á idade de quince anos no obradoiro de Fra Filippo Lippi (1406-1469), monxe e pintor florentino, autor de celebradas pinturas de temática relixiosa. Traballou tamén cos pintores Antonio del Pollaiuolo e Andrea del Verrocchio. Con eles fixo o seu aprendizado da ourivesaría, do gravado e do cicelado, artes que influíron na súa concepción do debuxo. Botticelli traballaba con frecuencia con artesáns, especialmente co seu irman Antonio, que era ourives, e co cal compartía o seu taller.
A partir de 1481, Botticelli foi chamado a Roma polo papa Sisto IV, para que decorase a Capela Sistina, xunto con outros grandes artistas. Porén, a rivalidade existente entre o papa e os Medici, mecenas do artista, fixo que o seu talente non fose recoñecido debidamente.
en y NiñAlí realizou tres grandes frescos:
- « As probas de Moisés »
- « As probas de Cristo »
- « O castigo de Coré »
Logo voltou para Florencia, enfurecido pola inxustiza que se fixera con as súas obras, de xeito que decidíu, entón, non abandonar xamais a súa cidade natal. Moi logo reiniciou o traballo, pintando o Nacemento de Venus en 1484, unha das súas obras mestras.
A mediados da década de 1480, Botticelli, xunto con Perugino, Ghirlandaio e máis Filippino Lippi, traballou nunha importante serie de frescos para Lorenzo o Magnífico, nunha "vila" perto de Volterra. Neses anos pintaría bastantes outros frescos en igrexas florentinas.
No 1491 Botticelli formou parte dun comité para decidiren sobre a fachada do Duomo de Floencia. No 1502 foi acusado de sodomía, aínda que a acusación foi logo retirada. No 1504 participou noutro comité, neste caso para decidiren onde colocar a estatua de [[David (Miguelánxelo)|David] de Miguelánxelo. O seu último traballo foi unha serie sobre a vida de san Cenobio, que lembra o uso non-naturalista do pintor Fra Angelico.
Tivo como discípulo máis destacado a Filippino Lippi, fillo do seu mestre Fra Filippo Lippi.
Obras (selección)
- Madonna co Neno e anxo (1465-67) -Témpera sobre táboa, 87 x 60 cm, Spedale degli Innocenti, Florencia
- Adoración dos Magos (1465-67) -Témpera sobre táboa, 50 x 136 cm, National Gallery, Londres
- Adoración dos Magos (1465-67) -Témpera sobre táboa, diámetro 131,5 cm, National Gallery, Londres
- Madonna e Neno con dous anxos e san Xoán neno (1465-70) - Témpera sobre táboa, 85 x 62 cm, Galleria dell Accademia, Florencia
- Madonna con Neno e anxo (post. 1465) - Témpera sobre táboa, 110 x 70 cm, Musée Fesch, Ajaccio
- Madonna con Neno (h. 1467) - Témpera sobre táboa, 71,6 x 51 cm, Musée du Petit Palais, Aviñón
- Madonna da galería (1467) - Temple sobre táboa, 72 x 50 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Madonna con Neno e dous anxos (1468-70), - Témpera sobre táboa, 100 x 71 cm, Museo de Capodimonte, Nápoles
- A Virxe na Gloria con serafíns (1469-70) - Témpera sobre táboa, 120 x 65 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Madonna da roseira (1469-70) - Témpera sobre painel, 124 x 65 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Historias da Madalena: Comuñón e Asunción (1470), - Témpera sobre táboa, 18 x 42 cm, Philadelphia Museum of Art, a colección Johnson, Filadelfia
- A Fortaleza (1470) - Témpera sobre táboa, 167 x 87 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Retrato dun mozo (ca. 1470) - Témpera sobre táboa, 51 x 33,7 cm, Pazo Pitti, Florencia
- A Virxe e o Neno con seis santos (Retábulo de sant'Ambrogio) (ca. 1470) - Témpera sobre táboa, 170 x 194 cm, Galería Uffizi,Florencia
- Madonna da Eucaristía (1470-1472) - Témpera sobre táboa, 84 x 64,5 cm, Museo Isabella Stewart Gardner, Boston
- Díptico das Historias de Xudit (1470-72), Galería Uffizi, Florencia:
- Regreso de Xudit a Betulia - Témpera sobre táboa, 31 x 25 cm
- Descubrimento do cadáver de Holofernes - Témpera sobre madeira, 31 x 25 cm
- San Sebastián (1474) - Témpera sobre táboa, 195 x 175 cm, Staatliche Museen, Berlín
- Adoración dos Reis Magos (1475) -Témpera sobre táboa, 111 x 134 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Retrato de hombe con a medalla de Còsimo o Vello (1475) - Témpera sobre táboa, 57,5 x 44 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Adoración dos Magos (1475), Galería Uffizi, Florencia
- Retrato de Esmeralda Brandini (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 65,7 x 41 cm, Victoria and Albert Museum, Londres
- Retrato dunha moza (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 61 x 40 cm, Palacio Pitti, Florencia
- Retrato de Giuliano de Medici (ca. 1475) - Témpera sobre táboa, 54 x 36 cm, Accademia Carrara, Bérgamo
- Virgen e Neno (h. 1475) - Témpera sobre táboa, Art Institute, Chicago
- Catalina de Alexandría, retrato de Caterina Sforza (ca. 1475) - Lindenau-Museum, Altenburg
- Retrato de Giuliano de Medici (1476-77) - Témpera sobre táboa, 75,6 x 36 cm, Galería Nacional de Arte, Washington
- Nacemento de Cristo, (1476-77) - Fresco, 200 x 300 cm, Santa Maria Novella, Florencia
- Retrato de Giuliano de Medici (1478) - Táboa, 54 x 36 cm, Gemäldegalerie, Berlín
- Anunciación (ca. 1479) - Témpera sobre táboa, 19 x 30 cm. Colección Hyde, Glens Falls
- Santo Agostiño no seu gabinete (1480) - Fresco, pintura mural desprendida, 152 x 112 cm, Iglesia de Ognissanti, Florencia
- Madonna do libro (1480-81) - Témpera sobre táboa, 58 x 39,5 cm, Museo Poldi Pezzoli, Milán
- Retrato dunha moza (1480-85) - Témpera sobre madeira, 82 x 54 cm, Instituto Städel, Frankfurt am Main
- Madonna do Magnificat (1481) - Témpera sobre táboa, diámetro 118 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Alegoría da Primavera (1481-82) - Témpera sobre táboa, 203 x 314 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Adoración dos Magos (1481-82) - Témpera sobre táboa, 70 x 103 cm, Galería Nacional de Arte, Washington DC.
- Frescos nos muros laterais da Capela Sistina, Cidade do Vaticano (1481-82):
- Probas de Moisés - Pintura mural, 348,5 x 558 cm
- Castigo dos rebeldes - Pintura mural, 348,5 x 570 cm
- Probas de Cristo - Pintura mural, 345,5 x 555 cm
- Palas e o Centauro (1482-83) - Témpera sobre lenzo, 207 x 148 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Retrato dun mozo (h. 1482-83) - Témpera sobre táboa, 41 x 31 cm, Galería Nacional de Arte, Washington, D.C.
- Venus e Marte (1483) - Témpera sobre táboa, 69 x 173 cm, National Gallery, Londres
- Historia de Nastagio degli Onesti (1483):
- Nastagio degli Onesti I - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
- Nastagio degli Onesti II - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
- Nastagio degli Onesti III - Témpera sobre táboa, 83 x 138 cm, Museo do Prado, Madrid
- Nastagio degli Onesti IV - Témpera sobre táboa, 84 x 142 cm, Colección privada
- Nacimiento de Venus (1484) - Témpera sobre lenzo, 184,5 x 285,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Madonna da granada (1487)- Témpera sobre táboa, diámetro 143,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Madonna co Neno, santa Catalina de Alexandría, santo Agostiño, san Bernabé, san Xoán Bautista, san Ignacio e san Miguel Arcánxo (Pala de San Bernabé) (1487) - Témpera sobre táboa, 268 x 280 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Predela con Cristo muerto - Temple sobre táboa, 21 x 41 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Visión de santo Agostiño (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 20 x 38 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Cristo no sepulcro (h. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 41 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Salomé con a cabeza do Bautista (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 40,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Extracción do corazón de san Ignacio (ca. 1488) - Témpera sobre táboa, 21 x 40,5 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Coroación da Virxe con san Xoán Bautista, santo Agostiño, san Xerome e san Elixio (Pala de San Marcos) (1488-1490) - Témpera sobre táboa, 378 x 258 cm (pala) y 21 x 269 cm (toda la predela) Galería Uffizi, Florencia
- Retrato de Michelle Marullo (ca. 1491) - Témpera sobre lenzo transferido de madeira, 49 x 35 cm, Colección privada (en préstamo no Museo do Prado, Madrid)
- Anunciación (1490-93) - Témpera sobre táboa, 23,9 x 36,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nueva York
- Retrato de Lorenzo di Ser Piero Lorenzi (1490-95) - Témpera sobre táboa, 50 x 36,5 cm, Museo de Arte de Filadelfia, Filadelfia
- Madonna do pavillón (h. 1493) - Témpera sobre táboa, diámetro 65 cm, Pinacoteca Ambrosiana, Milán
- A Piedade (1495) - Témpera sobre táboa, 107 x 71 cm, Museo Poldi Pezzoli, Milán
n el Niño y san Juanito]] (1495) - Temple sobre táboa, 134 x 92 cm, Galería Palatina del Palacio Pitti, Florencia
- A Calumnia (1495) - Témpera sobre táboa, 62 x 91 cm, Galería Uffizi, Florencia
- Última comunión de san Xerome (ca. 1495) - Témpera sobre táboa, 34,5 x 25,4 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nueva York
- Retrato de Dante (ca. 1495) - Témpera sobre lenzo, 54,7 x 47,5 cm, Colección privada
- Xudit abandona a tenda de Holofernes (1495-1500) - Témpera sobre táboa, 36,5 x 20 cm, Rijksmuseum, Ámsterdam
- Crucifixión (h. 1497) - Témpera sobre lenzo, 73,5 x 50,8 cm, Museo de arte Fogg, Universidad de Harvard, Cambridge (Massachusetts)
- Oración no Horto (1498-1500) - Témpera sobre táboa, 53 x 35 cm, Capela Real, Granada
- Cuatro cadros sobre a Vida de san Cenobio (1500-1505):
- Bautismo de san Cenobio e ordenación como bispo - Témpera sobre táboa, 66,5 x 149,5 cm, National Gallery, Londres
- Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 65 x 139,5 cm, National Gallery, Londres
- Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 67 x 150,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nueva York
- Último milagre e morte de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 66 x 182 cm, Gemäldegalerie, Dresde
- Natividade mística (1501) - Témpera sobre táboa, 108,5 x 75 cm, National Gallery, Londres
Galería de pinturas
-
Madonna co Neno e anxos cantores (1487)
-
Venus e Marte (1483)
-
Nacemento de Venus (1486)
-
A Primavera (1485)
Galería de Debuxos
-
alquimista
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sandro Botticelli |