Mark Webber
Mark Webber, nado en Queanbeyan o 27 de agosto de 1972, é un piloto australiano de Fórmula 1. Actualmente reside en Mursley (Inglaterra).
Traxectoria
De pequeno xogaba ao rugby nos Canberra Raiders, equipo australiano varias veces campión de liga. A súa traxectoria no automobilismo comezou no 1991 en karts e continuou neles ata o 1993. Grazas ás súas numerosas vitorias nos karts australianos pasou a competir na Fórmula Ford, onde lle foi igual de ben ca nos karts.
Un gran costructor da Fórmula Ford, Van Diemen, quedou asombrado ao ver as capacidades de competición de Mark e levouno a competir a Inglaterra, pero sen cambiar de categoría. O seu primeiro ano alí foi brillante, de feito quedou segundo na clasificación xeral grazas ás catro vitorias sumadas nesa tempada.
Na tempada de 1997 comezou na Fórmula 3000 na escudería Alan Docking, ese ano rematou en cuarta posición, ao igual que en Macau, e en Zandvoort fíxoo cun merecedor terceiro posto.
En 1998 fixo unha estupenda actuación no campionato de GT da FIA, baixo o mando do equipo AMG. Estivo trala pisto do campión, que era Bernd Schneider e perdeu o campionato por só oito segundos no último circuito da tempada.
Ao ano seguinte continuou en AMG Mercedes pero como piloto oficial. Á metade da tempada a FIA cancelou o campionato por falta de interesados nel e Mercedes retirouse polos dous accidentes consecutivos de Mark, un durante os entrenamentos e outro durante a carreira. Dos dous saíu ileso.
Despois da súa experiencia en AMG entrou na Fórmula 3000 europea, na cal rematou terceiro e grazas a ese resultado recibiu unha oferta dun equipo de Fórmula 1 pero rechazouno. Logo diso participou nunha sesión de probas con Benetton e superou as marcas de Giancarlo Fisichella e Ralf Schumacher. Así foi como conseguiu o seu posto como piloto de probas en Benetton para a seguinte tempada. Ademais, quedou segundo no campionato de F3 internacional co equipo Supernova.
Fórmula 1
En 2000, Webber foi piloto de probas do equipo Arrows, nesa tempada tamén competía no campionato europeo de Fórmula 3000.
En 2001 foi piloto de probas da Benetton, sendo substituído o ano seguinte por Fernando Alonso. Nesa mesma época pasou a ser representado por Flavio Briatore, que aseguroulle xunto a Paul Stoddart un contrato para o equipo Minardi en 2002.[1]
Minardi (2002)
Webber fixo súa estrea na Fórmula no gran Premio da Australia de 2002 co equipo Minardi. Seu contrato inicial era para só tres carreiras, mais foi prorrogado até o final da temporada tras conseguir o quinto lugar na súa primeira carreira. Co feble deseño do modelo PS02, ese acabou sendo o mellor resultado do autraliano e do equipo durante toda a temporada.
Jaguar (2003-2004)
En Novembro de 2002, anunciouse que Webber iría para o equipo Jaguar na temporada seguinte, ao lado do brasileiro Antonio Pizzonia.[2]
En 2003, correndo co equipo inglés, cun coche bastante limitado, conseguiu pontuar en 7 carreiras, terminando o campeonado 10º e sendo elixido pola revista Autosport co título de "Piloto do ano".[3]
Williams (2005-2006)
En 2005 correndo para Williams subiu por primeira vez ao pódio, no terceiro posto, no Gran Premio de Mónaco e pontuou na maioría dos grandes premios que disputou (10 de 18).
En 2006, coa saída dos motores BMW de Williams e sen conseguir manter o mesmo rendemento do ano anterior, abandonou a maioría das carreiras, pontuando en só tres carreiras durante todo o campionato.
Red Bull (2007-presente)
En 2007, xa co equipo Red Bull, volveu a subir ao pódio co terceiro lugar no Gran Premio de Europa.
En 2009 conquistou súa primeira pole position no GP de Alemaña. No que tamén chegou a súa primeira vitoria, vinte e oito anos despois da última vitoria dun australiano: o campión mundial Alan Jones. Súa segunda vitoria foi conquistada na penultima proba do ano, no Gran Premio de Brasil.[4]
En 2010, no Gran Premio de Malaisia, o piloto australiano conseguiu a segunda pole position da súa carreira. [5] Porén foi superado polo seu compañeiro de equipo Sebastian Vettel, terminando segundo na carreira. No Gran Premio de España volveu a conquistar a primeira posición na grella, conquistando tamén a primeira vitoria da tempada. Na carreira seguinte, o Gran Premio de Mónaco, novamente o australiano conseguiu a pole e a vitoria, asumindo o liderado do campionato.[6] No Gran Premio de Turquía, Mark Webber volveu a realizar pole-position, porén durante a carreira, envolveuse nun polémico accidente con Sebastian Vettel onde o piloto alemán se enroscou con vehículo de Webber nun adiantamento, abandonando o GP. Como consecuencia Mark Webber perdeu dúas posicións, chegando en 3º lugar.[7]
Resultados completos en F1
As carreiras en negra indican pole position, as carreiras en cursiva indican volta rápida.
‡ Concederonse a mitade dos puntos ó completar o 75% da carreira.
Notas
- ↑ Webber signs for KL Minardi Asiatech!
- ↑ Jaguar Racing announces 2003 driver line-up
- ↑ Webber rated driver of the year
- ↑ Mark Webber vence o GP Brasil, Button é o novo campeão mundial GP News.
- ↑ Webber faz a pole na Malásia e Ferrari é enganada pela chuva
- ↑ Webber vence em Mônaco e Red Bull põe dupla na liderança do Mundial UOL Esporte
- ↑ http://esportes.terra.com.br/automobilismo/formula1/2010/noticias/0,,OI4458137-EI14633,00.html
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mark Webber |