Jarno Trulli
Jarno Trulli (nado o 13 de xullo de 1974 en Pescara, Abruzos) é un expiloto italiano de Fórmula Un. Foi un habitual da Fórmula Un desde 1997 ata 2011, foi piloto de Minardi, Prost, Jordan, Renault e Toyota Team Lotus. Gañou o Gran Premio de Mónaco de 2004 con Renault, a súa única vitoria nun Gran Premio. Despois de que Toyota retirarase da Fórmula 1, logo da tempada de 2009, e ao non recibir ofertas dos equipos restantes, fichou por Lotus Racing en 2010. Trulli renovou o contrato coa renomeado equipo Caterham F1 para o 2012, pero foi liberado do seu contrato antes do inicio da tempada, para ser substituído por Vitaly Petrov.[1]
Traxectoria
No 1995 gañou dúas das seis carreiras do campionato de Fórmula 3 alemán coa escudería KMS, que vencerá ao ano seguinte.
En 1997} asinou un contrato para correr na Fórmula 3000 en Xapón, pero chámano de Minardi, escuadra coa que debuta na F1.
Carreira na F1
1997-1999: Minardi e Prost
Trulli debutou co equipo Minardi en 1997, onde correu até a sétima proba da tempada, cando foi contratado por Prost para substituír ao francés Olivier Panis lesionado. Conquistou un cuarto lugar no GP de Alemaña, mentres que no resto das carreiras se limita a adquirir experiencia. Pero a carreira que leva a Trulli entre os grandes é o GP de Austria cando, saíndo da terceira posición, lidera autoritariamente o Gran Premio durante 37 voltas, ata que o seu motor se rompe. Despois de que Panis volve ao seu posto e Trulli debe facerse a un lado nos últimos tres gp da tempada, tendo, porén, a confirmación de que ía ter un volante para o ano seguinte, substituíndo ao xaponés Shinji Nakano. Ficou até a tempada de 1999, conseguindo como mellor posición, un segundo lugar no GP de Europa e seu primeiro pódio.
1998 e 1999 correndo para Prost Grand Prix serán dous anos moi decepcionantes, debido, sobre todo, á escasa fiabilidade do coche: o único éxito é o segundo posto conquistado no Gran Premio de Europa, no trazado de Nurburgring, tras unha carreira rocambolesca marcada pola choiva. Ao termo daquel campionato, Trulli sepárase de Prost e vai á escudería Jordan.
2000-2001: Jordan
En 2000, Trulli se traslada ao equipo Jordan equipo co cal disputa o Mundial nos dous anos seguintes, Jordan viña dun 3° lugar no campionato de construtores de 1999. Porén a tempada do equipo foi frustrante e Trulli conquistou só 6 puntos e como mellor resultado un 4° lugar. En 2001 os resultados foron mellores, mais nin por iso foi unha boa tempada. Trulli fixo 12 puntos e para 2002 foi contratado por Renault.
2002-2004: Renault
En 2002, Trulli é contratado polo equipo Renault, para a reestrea do equipo na categoría. O primeiro ano no equipo, fai 9 puntos tendo como compañeiro Jenson Button. En 2003, Fernando Alonso chega para ser seu compañeiro de equipo, Trulli consegue 33 puntos e un pódio, mais é Alonso é quen conquista a primeira vitoria do equipo tras seu retorno e fai 55 puntos. Entón en 2004, Trulli consquistou 2 poles e unha vitoria, no GP de Monte Carlo de 2004. Mais un desentendemento con Flavio Briatore fixo que marchase antes do GP de China de 2004, e terminara o ano con 46 puntos.
2004-2009: Toyota
Trulli estrease pronto no novo equipo trala súa saída de Renault, non disputando só o GP de China, e corre nos GP de Xapón e do Brasil de 2004 non conseguindo puntuar. En 2005 o equipo Toyota constrúe un coche competitivo, e fai 43 puntos, dous pódios (GP de Malaisia e no GP de Bahrain) e a primeira pole do equipo na F1. Mais nos anos seguintes os coches deixaran moito que desexar e Trulli fai 15 puntos en 2006, tendo como mellor resultado un cuarto lugar, e 8 puntos en 2007 e como mellor posición un sexto lugar. Para 2008 foi confirmado para disputar a súa cuarta tempada no equipo, xunto con Timo Glock. O Mellor resultado de 2008 aconteceu en Magny-Cours, en Francia, en que ficou no 3º Lugar.
2010 - 2011: Lotus
O 14 de decembro de 2009 Lotus anunciou que o italiano Jarno Trulli e o finés Heikki Kovalainen como parella de pilotos para 2010.[2]
Trulli continuou pilotando para Lotus en 2011, que cambio o nome a Team Lotus. De novo como compañeiro de Heikki Kovalainen.
Datos
Mide 1´73 m e pesa 60 kg. Ten dous fillos.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
‡ Foron dados a metade dos puntos dado que non se chegou a completar 75% da distancia da carreira.
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia da carreira
Notas
- ↑ "Petrov replaces Trulli at Caterham". Sky Sports (BSkyB). 17 February 2012. Consultado o 17 February 2012.
- ↑ "Trulli e Kovalainen são confirmados pela Lotus UOL Esporte". para 2010.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jarno Trulli |
- www.jarnotrulli.com (en inglés).