Saltar ao contido

Ponteceso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de maio de 2018 ás 17:07 por Steinsplitter (conversa | contribucións) ((GR) File renamed: File:Concello Ponteceso.jpgFile:Casa consistorial de Ponteceso.jpg Criterion 2 (meaningless or ambiguous name) · descrición máis específica)
Ponteceso
Bandeira de Ponteceso
Escudo de Ponteceso
Ficheiro:Ponteceso dende o Monte Branco.jpg
Vista xeral de Ponteceso dende o Monte Branco.
Situación
Xentilicio[1]pontecesán
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Bergantiños
Poboación5.399 hab. (2023)[2][3]
Área91,9 km²[3]
Densidade58,75 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias[4]
Política (2015)
AlcaldeLois García Carballido (PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Outros: APIN-Son Ponteceso 2
Eleccións municipais en Ponteceso
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes86,78%
Na rede
www.ponteceso.net
editar datos en Wikidata ]

Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE no ano 2015 tiña 5.789 habitantes (6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».

Xeografía

Situación

Limita cos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Malpica de Bergantiños. Está formado por 14 parroquias, sendo as máis poboadas as de Tella (1.147 habitantes no 2013), Corme Porto (1.142 habitantes no 2013) e Cospindo (713 habitantes no 2013). Os centros médicos atópanse no lugar de Ponteceso e no Porto de Corme, onde se sitúa tamén o único porto pesqueiro do concello.

Demografía

Censo total 5.789 (2015)
Menores de 15 anos 515 (8.9 %)
Entre 15 e 64 anos 3.481 (60.13 %)
Maiores de 65 anos 1.793 (30.97 %)
Evolución da poboación de Ponteceso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.987 8.517 9.323 8.714 6.810 6.302 6.134 6.065 5.964
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Casa consistorial.

Cultura

Toponimia

O topónimo da vila provén do latín Ponte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada) algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal de orixe romano que unía os actuais municipios de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, derrubouse, dando lugar ao nome ponte caesa (ponte cortada).[Cómpre referencia]

O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome de Bugalleira.[6]

Etnografía

Festas e celebracións

En Ponteceso celébranse multitude de festas de toda índole: relixiosas, pagás e gastronómicas.

Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe, e o segundo fin de semana de setembro celébrase a festa da Barquiña que é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais.
Outras festas relevantes son a da Virxe do Faro, celebrada o 8 de setembro, e a de San Bernardo da Graña, celebrada o 20 de agosto. Ademais no Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.

Entre as festas destacan:

Economía

A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos como millo e pataca. Nos últimos anos o municipio desarrollou un bo sector turístico arredor da vila mariñeira de Corme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo o percebe, son tamén importantes para a economía local.

Galería de imaxes

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ponteceso".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España. "Variaciones de los municipios de España desde 1842." (PDF). Consultado o 30 de abril de 2014. (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ponteceso

Anllóns (San Fins) | Brantuas (San Xián) | Cores (San Martiño) | Corme Aldea (Santo Adrán) | Corme Porto (Nosa Señora dos Remedios) | Cospindo (San Tirso) | A Graña (San Vicenzo) | Langueirón (San Xián) | Nemeño (San Tomé) | Niñóns (San Xoán) | Pazos (San Salvador) | Tallo (Santo André) | Tella (Santo Eleuterio) | Xornes (San Xoán)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.