Saltar ao contido

Santa Comba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSanta Comba
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°02′18″N 8°48′51″O / 43.0384, -8.8142
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalSanta Cataliña de Armada Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.342 (2023) Editar o valor en Wikidata (45,86 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie203,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude300 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlberto Romar Landeira Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Santa Comba Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15841 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15077 Editar o valor en Wikidata

Sitio websantacomba.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: concellodesantacomba Twitter: santacombapress Instagram: santa_comba_info Youtube: UCvGebePGvAWVCE7f50sZ4Gw Editar o valor en Wikidata

Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «combés» ou «xalleiro».

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome provén de Santa Comba de Sens, virxe e santa galaica do século III cuxa lenda mestúrase con lendas celtas precristiás relacionadas con outras santas como Comba de Cornualla e Comba de Córdoba.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situada no oeste da provincia da Coruña, e ten 203 km². Pertence á comarca do Xallas, e ten un relevo pouco accidentado con suaves ondulacións cunha altitude entre os 300 e os 500 metros. O clima é atlántico moi húmido propio das zonas costeiras de Galicia. As choivas son moi abundantes, principalmente entre os meses de novembro e febreiro.

A capital do concello é Santa Cataliña de Armada, fusionada co núcleo de poboación de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio. Está a 62 km da Coruña, 28 de Santiago de Compostela (ámbalas dúas con aeroporto) e a 68 de Fisterra.

Censo total 9.635 (2015)
Menores de 15 anos 1.029 (10.68 %)
Entre 15 e 64 anos 5.822 (60.42 %)
Maiores de 65 anos 2.784 (28.89 %)
Evolución da poboación de Santa Comba   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.075 9.726 12.061 11.902 10.704 10.101
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santa Comba

Alón (Santa María) | Arantón (San Vicente) | Bazar (San Mamede) | Cícere (San Pedro) | Fontecada (San Martiño) | Freixeiro (San Fins) | Grixoa (San Xoán) | Grixoa de Esternande (Santa María) | Mallón (San Cristovo) | Montouto (Santa María) | A Pereira (Santo André) | San Salvador de Padreiro (San Salvador) | Santa Comba (San Pedro) | Santa Sabiña (San Xulián) | Ser (San Pedro) | Vilamaior (Santa María) | Xallas de Castriz (San Pedro)

Lugares de Santa Comba

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santa Comba vexa: Lugares de Santa Comba.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.