The Book of Lost Tales
Aparencia
The Book of Lost Tales | |
---|---|
Título orixinal | The Book of Lost Tales |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Colección | The History of Middle-earth |
Tema(s) | O legendarium de Tolkien |
Xénero(s) | Colección de historias |
Editorial | George Allen & Unwin |
Data de pub. | 28 de outubro de 1983 (volume 1) 16 de agosto de 1984 (volume 2) |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 297 (volume 1, primeira edición) 400 (volume 2, primeira edición) |
ISBN | ISBN 0-395-35439-0 (vol 1) ISBN 0-395-36614-3 (vol 2) |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Book of Lost Tales é unha colección de historias do escritor inglés J. R. R. Tolkien, publicada como os primeiros dous volumes da serie de 12 volumes de Christopher Tolkien The History of Middle-earth, no cal presenta e analiza os manuscritos daquelas historias, as cales forman a máis antiga forma (comezou en 1917) da mitoloxía ficticia que posteriormente formaría parte do Silmarillion. A cada un dos contos séguenlle notas e un comentario detallado de Christopher Tolkien.[1]
Para a publicación do libro dividiuse o contido en dous volumes: The Book of Lost Tales 1 (1983) e The Book of Lost Tales 2 (1984), mais isto foi simplemente unha división editorial. Ámbolos dous volumes están separados en diversos "contos perdidos".
Capítulos
Libro 1
- "The Cottage of Lost Play" — a historia "marco"
- "The Music of the Ainur" — a primeira versión do que sería Ainulindalë
- "The Coming of the Valar and the Building of Valinor" — posterior Valaquenta e primeiros capítulos de Quenta Silmarillion
- "The Chaining of Melko"—Melko é o nome antigo de Melkor
- "The Coming of the Elves and the Making of Kôr" —Kôr é o posterior Tirion e o seu outeiro Túna
- "The Theft of Melko and the Darkening of Valinor"
- "The Flight of the Noldoli" —"Noldoli" son os elfos posteriormente chamados Noldor
- "The Tale of the Sun and Moon"
- "The Hiding of Valinor"
- "Gilfanon's Tale: The Travail of the Noldoli and the Coming of Mankind"
Libro 2
- "The Tale of Tinúviel" — a primeira versión do conto de Beren e Lúthien
- "Turambar and the Foalókë" — a primeira versión da saga de Túrin
- "The Fall of Gondolin" — a única narrativa complet da caída de Gondolin
- "The Nauglafring" — conto do colar anano coñecido como o Nauglamír
- "The Tale of Eärendel" — a única narrativa completa das viaxes de Eärendil
- "The History of Eriol or Ælfwine and the End of the Tales"— un ensaio sobre os cambios no marco e os contos "non escritos".
Notas
- ↑ Whittingham, Elizabeth A. (2017). The Evolution of Tolkien's Mythology: A Study of the History of Middle-earth. McFarland. ISBN 978-1-4766-1174-7.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |