Saltar ao contido

Elendil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elendil
Personaxe de O legendarium de Tolkien

Selo de Elendil, composto das consoantes do seu nome: L, ND, L (tengwar lambe, ando e lambe).
Creador(es) J. R. R. Tolkien
Información
Alcume O alto
Voronda
Señor de Andúnië
Alto rei de Arnor e Gondor
Raza Home
Sexo Masculino
Nacemento 3119 (segunda idade)
Andunië
Falecemento 3441 (segunda idade)
Título Rei de Arnor e Gondor
Familia Fillos de Amandil
Fillos Isildur e Anarion
Perfil en IMDb

Elendil, alcumado o Alto, é un personaxe ficticio pertencente ó legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien. É un home da raza dos numenoreanos. O seu nome significa «O que ama as estrelas», que ven de Elen («estrela») máis -ndil («amante», «namorado», «que ama»).

Fillo de Amandil, era o herdeiro ó señorío de Andúnië, da illa de Númenor, e tiña sangue real, sendo descendente do mesmo Elros. Ó igual que o seu pai, foi un dos poucos numenoreanos que non creron en Sauron.

O seu pai conminouno a escapar da inminente destrución de Númenor, logo de que o rei Ar-Phârazon, influenciado por Sauron, se atrevese a desafiar ós Valar e navegar en pé de guerra a Valinor. Tras embarcarse cos seus na costa leste da illa, conseguiu escapar do afundimento de Númenor en nove barcos: catro para el, tres para Isildur e dous para Anárion, os seus fillos. Con eles ían varios Fieis (leais ós Valar e ós Elfos), e tamén levaban sete Pedras Videntes e un agromo da Árbore Branca que Isildur lograra salvar antes da súa queima. Tras sortear terribles tormentas e montañas de auga que elevaron ós barcos ata as nubes, desembarcaron nas costas occidentais da Terra Media. Alí fundaron reinos no exilio: no norte reinou Elendil no Reino de Arnor; no sur reinaron os seus fillos no Reino de Gondor.

Elendil trabou unha grande amizade con Gil-Galad, rei dos Noldor da Terra Media, quen residía en Lindon. Tamén distribuíu as Palantir en distintos lugares do seu reino, colocando unha en Elostirion, a máis alta torre de Emyn Beraid. Alí residía Elendil, e a través dela podía ver a alén do Mar as Terras Imperecedoiras: Eressëa, onde a Pedra Mestra residía aínda, e Aman. Pero Sauron tamén escapara do cataclismo e volvera á Terra Media, convertido nunha ameaza para os dúnedain sobreviventes. De xeito que Elendil formou con Gil-galad a última Alianza de Homes e Elfos, e as grandes forzas reunidas marcharon contra Mordor.

Na prolongada guerra, Elendil morreu e a súa espada Narsil quebrouse ó seu carón. Pero valéndose dos restos desa espada, o seu fillo Isildur cortoulle a man a Sauron, arrancándolle deste xeito o Anel Único. Isildur, antes de partir cara Arnor e no maior dos segredos, fixo construír un túmulo nos alto do Halifirien e enterrar os restos do seu pai.

Predecesor:
Ninguén
(Elendil é o primeiro)

Rei de Arnor

3320 - 3441 S. E.
Sucesor:
Isildur
Predecesor:
Ninguén
(Elendil é o primeiro)

Rei de Gondor

3320 - 3441 S. E.
Sucesor:
Isildur