Saltar ao contido

Topónimos galegos en -obre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Distribución aproximada por frecuencias en cada concello dos topónimos rematados en obre (datos da versión inicial do Nomenclátor).

En Galicia, especialmente no Golfo Ártabro e no Val do Ulla, existe un grupo de topónimos rematados en -obre. Segundo Moralejo, están son continuacións medievais e modernas (en -bre, -be, -ve) de formas antigas en -bris. Están relacionadas xa que logo as terminacións -briga (v. Nemetobriga ou Brigantium), -brix, -bris, -bria e -bre (precedido de vogal: -abre, -ebre, -ibre, -obre e -ubre; ou consoante, i.e. -mbre).

Listaxe non exhaustiva

Nome actual Concello(s) Nome antigo, evolución ou outras observacións
Alcobre Vila de Cruces
Añobre Vila de Cruces
Añobres Muxía
Anzobre Arteixo
Baiobre Arzúa e
Touro
Bañobre Guitiriz,
Miño,
Monfero (dato da Xunta),
San Sadurniño (dato da Xunta)
Barallobre Betanzos,
Fene,
Friol
Callobre Brión,
A Estrada (dato da Galipedia),
Fene (dato da Xunta),
Miño,
Ortigueira (dato da Galipedia),
Oza-Cesuras,
Paderne (dato da Xunta)
Canzobre Arteixo
Cillobre Culleredo,
A Laracha,
Touro (dato da Galipedia)
Fiobre Bergondo
Illobre Betanzos,
Boqueixón (dato da Xunta),
Vedra
Iñobre Rianxo
Ixobre Ares
Laxobre Arteixo
Maiobre Ares
Obre Paderne
Pantiñobre Arzúa
Pezobre Santiso
Pezobrés Santiso
Rañobre Arteixo
Sillobre Fene
Tallobre Negueira de Muñiz
Tiobre Betanzos
Xobre A Pobra do Caramiñal

Fóra de Galicia

Esta etimoloxía podería non circunscribirse exclusivamente a Galicia: non se poden descartar os posibles Cobre en Asturias ou Dobres en Cantabria e Corte de Cobres, concello de Mértola, distrito de Beja, Portugal. Con todo, é improbable dada a concentración xa non en Galicia, senón en determinadas áreas interiores, e toda hipótese debe confirmarse con documentación medieval.

Outras terminacións relacionadas

Existen outras formas evolucionadas por metátese ou disimilación. Ademais, o betacismo permitiu a variación ortográfica.

ove

Outros sospeitosos son os rematados en -ove, que en Galicia son:

Tamén aparecen:

No entanto, non se incluirían Ove (de Euve) ou Xove (de [Villa] Iovii).

obe

Falsos positivos

Existen outros topónimos con esa cadea fonética, pero que non están relacionados coa mesma etimoloxía: Cobres ou aqueles coas palabras

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía